O conflito dos autobuses desatáscase na provincia de Ourense

|

AutobusmovimientoPactan unha subida de soldo dun 2,6%.


As negociacións provinciais do convenio de transporte de pasaxeiros por estrada deron froitos en Ourense. Tal e como informa La Región, sindicatos e patronais chegaron a un acordo de subida salarial, a pesar de que as posicións de partida eran moi distantes.


Nun contexto marcado pola posta en marcha da primeira fase do plan de transporte da Xunta e a inestabilidade ao redor das liñas do rural, ambas as partes sentaron á primeira hora da mañá para tratar de avanzar.


Segundo o diario ourensán, o punto de encontro alcanzouse no 2,6% de aumento en todos os conceptos salariais do convenio vixente e asínano UGT e CCOO e as asociacións empresariais Asociación Provincial de Viaxeiros por Estrada de Ourense, ORENCAR e FEGABUS.


O principio de acordo a nivel autonómico, que freou a posibilidade dunha folga indefinida, establecía este incremento en, como mínimo, o 2%.

relacionada As empresas de autobuses auguran o "fracaso" do plan da Xunta
relacionada Suspendida a folga de autobuses ao alcanzar un principio de acordo salarial
relacionada Adxudicadas as primeiras 27 concesións do novo plan de transporte
relacionada As adxudicacións do transporte resolveranse coas "peores relacións imaxinables entre Xunta e sector"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress