O PP reclama limitar a acusación popular como reacción ao "show" de Rajoy

|

MartinezmailloXénova fala de "xuízo político".


O coordinador xeral do PP, Fernando Martínez-Maillo, asegurou este martes que é "urxente" regular a acción popular tras o "xuízo político" e o "show" que, ao seu xuízo, "montou" a Asociación de Avogados Demócratas por Europa e o PSOE durante a declaración como testemuña de Mariano Rajoy ante o tribunal que axuiza a primeira parte da trama Gürtel.


Nunha entrevista en RNE, recollida por Europa Press, Maillo sinalou que a comparecencia sen preguntas do líder do PSOE, Pedro Sánchez, mostrou que xa tiña preparada a súa intervención desde o día anterior e que "lle daba igual" o que dixese o presidente do Goberno. "Vin a Sánchez enfadado cos seus avogados, os da toga vermella. Pediu a dimisión extemporaneamente, fóra de lugar, cunha esaxeración e unha impostura", salientou.


"NADA NOVO"


"A comparecencia en canto ao seu contido final resultou innecesaria porque non se achegou nada novo e converteuse nun xuízo político promovido polo PSOE", manifestou, para engadir que viron "excesos" por por parte das acusacións ao interrogar por cuestións que tiñan "pouco ou nada" que ver co que se está axuizando.


Así mesmo, rexeitou que houbese privilexios a Mariano Rajoy nesa declaración porque, segundo dixo, non se lle permitiu declarar por videoconferencia como solicitara. "Cando se fala de privilexios, que alguén me diga cal, porque é todo o contrario", recalcou.


A DECLARACIÓN "PECHOUSE ONTE"


O coordinador xeral do PP asegurou que a comparecencia de Rajoy "pechouse onte" e que o PP dá por superada a proba "sen dúbida". "Creo que onte moitos nos sentimos orgullosos do presidente do Goberno", proclamou.


Iso si, insistiu en que no PP viron con "asombro" as preguntas que lle fixeron nesa "especie de xuízo político" liderado por tres maxistrados que, no canto de ir vestidos de negro ían "máis ben de vermello".

relacionada Pedro Sánchez pide a dimisión do Rajoy e Xénova recíbeo entre aplausos
relacionada Rajoy nega que o PP movese diñeiro negro e elude calquera responsabilidade en asuntos económicos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress