O Santander ofrece aos pequenos accionistas do Popular compensalos con bonos propios
Os clientes que acepten esta compensación renunciarán á vía legal e non poderán recuperar o seu diñeiro ata dentro de sete anos.
Non poderán recuperar o seu diñeiro ata 2024.
O Banco Santander ofrece aos clientes do Popular que compraron accións da entidade unha compensación a través de "bonos de fidelización" segundo a cantidade investida no banco 'rescatado'. Para acceder á oferta, iso si, deberase renunciar a emprender accións legais contra o banco cántabro.
A oferta consiste na entrega ao cliente de bonos cun tipo interese nominal anual do 1% e que se poderán amortizar a partir dos sete anos a vontade do banco cántabro, previa autorización do Banco Central Europeo (BCE). Cando se produza a súa amortización, o titular recibirá o 100% do valor nominal do bono de fidelización ata 100.000 euros ou cunha quita de ata o 50% se o investimento superaba os 500.000 euros.
Amplía esta información en Pressdigital.
Escribe o teu comentario