Xulio Ferreiro pode faltar ao plenario do próximo sábado de En Marea

|

XulioferreiromicrosXulio Ferreiro resalta a importancia da cita para En Marea.


O alcalde da Coruña e líder da Marea Atlántica, Xulio Ferreiro, asegurou que espera unha alta participación na próxima asemblea de En Marea, cuxos resultados, espera, vaian "de acordo" co pensamento da maioría social que votou a esta formación política.


Así respondeu, a preguntas dos xornalistas, en relación ao plenario, que se celebrará o vindeiro sábado en Santiago.


O pasado mes de abril, Luís Villares fíxose coa portavocía orgánica de En Marea encabezando unha coordinadora criticada por un sector de Anova liderado por Rafael Dopico así como por Podemos, Marea Atlántica, Esquerda Unida e algunhas mareas municipalistas, coma Ourense en Común e Nós Pobra.


A pesar de ter un día "moi ocupado" o sábado, o líder da Marea Atlántica comentou que "tentará achegarse" ata a asemblea porque "é unha cita importante"; aínda que insistiu en que a súa "cabeza" está posta no Concello da Coruña.


"Espero que vaia moita xente, que se participe e que os resultados que saian dese plenario sexan de acordo co que pensa a masa social e cidadá que apoiou a En Marea nos últimos anos", indicou Ferreiro.

relacionada Xulio Ferreiro celebra dous anos de cambio "desde a proximidade"
relacionada Desenterran o manifesto dos alcaldes a 10 días do novo conclave
relacionada Noriega, optimista ante o segundo plenario da "construción" de En Marea

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress