O Sergas nega a traballadoras eventuais horas de lactación e o permiso para casar

|

SergasA conciliación, materia pendente do Sergas.

As traballadoras eventuais da sanidade pública galega non poden elixir nin as súas horas de lactación nin o día para casar. Así se desprende da denununcia trasladada polo Sindicato de Sanitarios Galegos Públicos (Sagap), que informa de dous casos do mes de maio e xuño deste ano.


"Cando cremos que non poden ser máis ruíns, sempre conseguen superarse", lamentan desde Sagap. No caso da solicitude por lactación, o Sergas nega a hora elixida pola traballadora xustificando que quedaría desatendido o servizo de enfermería do centro de saúde onde traballa, pois está soa no turno.


O argumento no caso do permiso para casar, baséase en, tal e como denuncia Sagap, "se sabes que vas a casar, non aceptes o traballo".


O sindicato reprocha que "os mesmos que presumen da enorme conciliación familiar que nos permiten cando falan nos medios, toman medidas contra nós e as nosas familias sempre que teñen que tomar unha decisión".


Por tanto, tal e como afirman na súa páxina de Facebook, "seguiremos loitando, tanto pola vía xudicial como exercendo o noso dereito ao sindicalismo. Non reclamamos máis que os nosos dereitos, pero non estamos dispostos a ceder ningún". A súa postura apóiase nas "mil e unha veces" que os tribunais de Estrasburgo e estatais reiteraron que este tipo de decisións son ilegais.

relacionada Persoal do Sergas esixe en Santiago recuperar os seus dereitos "suspendidos"
relacionada Condena ao Sergas por "discriminación por razón de sexo" a unha médica de Ourense
relacionada "Entre o 15 e o 20%" das camas do Sergas estarán pechadas este verán

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress