Persoal do Sergas esixe en Santiago recuperar os seus dereitos "suspendidos"

Piden a devolución dos acordos retributivos e as condicións de traballo que lles foron "roubados" polo goberno de Feijóo. 


|

Sergassantiago


Centenares de persoas, unhas 600 segundo a organización, manifestáronse este luns en Santiago de Compostela para esixir a recuperación dos acordos retributivos e de condicións de traballo que, segundo denuncian, foron "suspendidos" de forma "unilateral" polo Goberno de Feijóo.


Deste xeito, persoal do Servizo Galego de Saúde (Sergas), participou este luns na marcha que partiu desde o edificio administrativo da Xunta, en San Caetano, ata a Consellería de Sanidade, en San Lázaro.


A marcha, convocada por a CIG, CCOO, UGT, CSIF, SATSE e SAE, é unha máis das protestas que estes sindicatos desenvolven desde hai varios meses ante a situación laboral que sofre o Sergas. E é que, conforme criticou a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, moitos profesionais "mesmo ven obrigados a emigrar para non sufrir a precariedade laboral á que están abocados polas políticas do PP en Galicia.


Así, lembrou que, desde o ano 2009, esperan a que a Consellería de Sanidade acepte "negociar" na mesa sectorial un calendario no que se marquen os prazos para recuperar os acordos e "unhas condicións salariais e laborais que se viron minguadas debido aos recortes impostos polo Partido Popular".


ENDURECER AS PROTESTAS


"Se chegado o mes de setembro non se convoca a mesa sectorial, para que nos orzamentos de 2018 xa haxa algunha partida orzamentaria que permita comezar a recuperar o que nos foi roubado, edureceremos as medidas de presión e chegaremos ata onde faga falta", avisou.


Neste sentido, os sindicatos consideran que o persoal do Sergas "non pode seguir á cola das retribucións dos servizos de saúde do Estado español". "Se Feijóo presume de que a economía galega é a máis saneada do Estado os traballadores do Sergas temos dereito a recuperar as nosas retribucións para situarnos na media", sinalan.


Entre outras cuestións, os sindicatos lembran que, "ademais de suspenderse os acordos en materia retributiva", tamén se viu "paralizada" a carreira profesional ou o complemento salarial do "100% por incapacidade temporal". Xunto a iso, piden a negociación da recuperación do 100% dos postos de traballo vacantes desde o ano 2010.

relacionada O Sergas desmantela un centro de saúde de Forcarei por aforrar 50.000 euros
relacionada Condena ao Sergas por "discriminación por razón de sexo" a unha médica de Ourense
relacionada "Entre o 15 e o 20%" das camas do Sergas estarán pechadas este verán

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE