O Arde Lucus arrinca este venres con máis de 300 actividades

Haberá máis de 300 actividades e participan 44 asociacións vinculadas ao pasado romano da cidade. 


|

Ardelucuscartel


A festa do Arde Lucus, que suma 16 edicións, arrinca este venres, 30 de xuño, con máis de 300 actividades e a participación de 44 asociacións --18 de Lugo-- vinculadas ao pasado romano da cidade.


A alcaldesa, Lara Méndez, convidou a que se participe desta festa de recreación da historia de Lugo. "Toda aquela persoa que se queira trasladar dous mil anos na historia só ten que vir a Lugo. É a invitación que facemos a todos os galegos, españois e mesmo estranxeiros que virán moitos a visitarnos", animou.


Con iso quere que eses visitantes descubran a "gran riqueza" que atesoura a cidade amurallada, apelando tamén á "hospitalidade" dos lucenses.


En todo caso, a rexedora descartou facer previsións de afluencia "a priori". "Cuantos máis veñan, mellor. É unha festa que se celebra na rúa e dependemos moito da climatoloxía", aclarou.

relacionada O primeiro Arde Lucus como Festa de Interese Turístico Nacional amplía o seu cartel

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE