As tropas imperiais de Star Wars tomaron Santiago de Compostela

Medio milleiro de persoas participaron na terceira edición do Desfile das Imperial Stormtroppers, organizado pola Tropa Korriban.


|

Stormtrooperobradoiro


As tropas imperiais de Star Wars volveron tomar a cidade de Santiago de Compostela. Desde o balcón do Pazo de Raxoi, sede do consistorio compostelán, Darth Vader convidou aos miles de persoas que se concentraron na Praza do Obradoiro a unirse ao lado escuro da forza.


Na tarde do sábado, coincidindo coas Festas da Ascensión da capital galega, medio milleiro de persoas participaron na terceira edición do Desfile das Imperial Stormtroppers, organizado pola Tropa Korriban.


O desfile partiu do Colexio de La Salle e percorreu as rúas do centro histórico compostelán para culminar no Obradoiro, onde esperaban miles de persoas que abarrotaron a praza.


Alí, tras ser recibidos polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega, os líderes do Imperio tomaron a palabra desde o balcón da sede consistorial, onde Darth Vader convidou os santiagueses para unirse ao lado escuro da forza.


O desfile non foi exclusivo dos 'malos' da mítica saga de George Lucas, senón que polas rúas de Santiago puidéronse ver a practicamente cada un dos personaxes que apareceron nas sete películas de Star Wars.


A deste ano foi a terceira ocasión que as tropas da Guerra das Galaxias toman a capital galega, logo de que xa o fixesen en 2010 e 2013 para conmemorar o 30 aniversario da estrea das películas da saga 'O imperio contraataca' e 'O retorno do Jedi'.


Nesta ocasión, a Tropa Korriban trouxo a Santiago como convidado o actor Paul Blake, quen interpretou ao 'rodiano' Greddo nunha das escenas máis lembradas do 'Episodio IV: Unha nova esperanza'.


Ademais, o III Desfile das Imperial Stormtroppers rendeu homenaxe a Carrie Fisher, actriz que encarnou á Princesa Leia e falecida recentemente. Tamén houbo un recordo a Constantino Romero, quen puxo voz a Darth Vader na versión dobrada ao castelán.

relacionada Santiago acollerá un desfile de Star Wars polo 40 aniversario da primeira cinta da saga
relacionada ​Fallece Carrie Fisher, la princesa Leia de 'Star Wars'

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE