Gañaron o Real Madrid e Pedro Sánchez


Warning: Smarty error: unable to read resource: "articlecontent_sharev3.tpl" in /var/www/bigpress_alpha/libs/other/smarty/Smarty.class.php on line 1102
Manuel Fernando González

PedroSnchezganalasprimariasalPSOE


Nesta xornada domingueira que xa forma parte da historia do noso país, o Real Madrid levou merecidamente a liga, fundamentalmente, polos erros garrafais do seu eterno rival, circunstancia que aproveitou Mariano Rajoy para felicitar aos brancos case ao instante de producirse o feito, ou sexa que, polo que parece, ao líder do PP, o fútbol interesáballe máis, nesta ocasión, que a política do PSOE.


O de Pedro Sánchez foi a outra gran noticia do 21 de maio. Gañou porque tivo máis votos que os seus dous outros rivais, quen xuntos quedaron case co 50% dos votos da militancia, mentres que a outra metade dixo claramente que Sánchez debe ser o novo Secretario Xeral. A partir de aí, comeza unha nova singradura na que, polo discurso que todos escoitamos, Susana Díaz quere representar o papel da leal oposición dentro do seu propio partido, e Patxi, o comodín imprescindible para que o novo secretario xeral poida dar a sensación de que tratou de recompoñer o partido.


Se nestes momentos poderiamos comparar esta situación con outra similar, habería que ir á veciña Francia durante o mandato de Hollande, onde os socialistas galos se multiplicaron en varias faccións diverxentes, que ao final, desfixeron a formación e fixeron posible a vitoria dun sucedáneo chamado Emmanuel Macron que non é "nin chicha, nin limoná" senón, máis ben, todo o contrario, ou sexa: un melón por abrir.


O que si parece claro é que o que lles viñamos denunciando sobre a pretendida neutralidade do PSC quedou en evidencia. Sánchez foi apoiado moi maioritariamente polos 'sociatas' cataláns, algo que foi fundamental no resultado final e que un xa sabía días antes polo comentario do principal promotor da candidatura susanista e que non quixen trasladarlles a Vds. porque as conviccións son as conviccións, e a chaqueta que adoitan cambiar os nosos políticos é só súa.


Diante, ao PSOE, vénselle encima un Congreso Federal e xa, de forma inmediata, os primeiros "nomeamentos" no Grupo parlamentario, nos que poderemos xa a comezar a albiscar a clase de unidade á que aspira o candidato gañador. Un novo PSOE comezou a súa andaina, e veremos se os que foron os seus votantes quedan coa súa nova fachada populista ou prefiren quedar co orixinal, que representa a formación de Pablo Iglesias, xa metida de cheo en toda unha moción de censura, mentres Don Mariano segue lendo o Marca.


Warning: Smarty error: unable to read resource: "articlecontent_share_inferiorv3.tpl" in /var/www/bigpress_alpha/libs/other/smarty/Smarty.class.php on line 1102

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress