Francina Armengol retira o seu apoio a Patxi López en favor de Pedro Sánchez

A presidenta balear asegura que hai moitos militantes e dirixentes que fixeron a mesma reflexión ao exlehendakari. 


|

Francinaarmengolpresibaleares


A presidenta do Goberno Balear, Francina Armengol, pediu ao ex lehendakari Patxi López que retire a súa candidatura á Secretaría Xeral do PSOE e sómese á de Pedro Sánchez. Armengol, que foi un dos primeiros apoios de López, deixou claro que ela apoiará a Sánchez nas primarias do día 21.


Nunha entrevista na Cadea Ser este luns pola noite, recollida por Europa Press, Armengol relatou que ela "sempre" pensou que Pedro Sánchez se integraría na candidatura de Patxi López, que foi o primeiro en presentarse, porque cre que representan o mesmo modelo de partido, pero agora ve evidente que Sánchez "tivo moito éxito".


Así, precisou que, despois da presentación dos avais, na que quedou claro que hai "dúas persoas con dous modelos con opcións", ela falou con López para pedirlle que retirase a súa candidatura. É máis, engadiu que "moitos militantes e dirixentes que apoiaron a Patxi (López) que agora "lle fixeron a mesma reflexión".


Segundo dixo, comprende que o exlehendakari non se retire, pero ela apoiará a Sánchez, porque é quen pode gañar (Pedro Sánchez presentou 53.117 firmas, Susana Díaz 59.390 e Patxi López, 10.866). Ao seu modo de ver, en todo caso López "é útil no partido e seguirá séndoo".

relacionada As liortas e reproches entre Sánchez e Díaz marcan o ton do debate do PSOE
relacionada Patxi López rexeita a oferta de Pedro Sánchez de integrarse na súa candidatura
relacionada Pedro Sánchez ofrece a Patxi López integrarse na súa candidatura para desbancar a Díaz

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE