Unha exposición repasa a historia do movemento obreiro na Coruña
A mostra estará na praza de María Pita ata o 15 de maio e está composta por 150 imaxes.
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, inaugurou este domingo a mostra 'A forza necesaria', unha exposición que se poderá visitar ata o 15 de maio na praza de María Pita e que repasa a traxectoria histórica da cidade en defensa dos dereitos laborais, o sindicalismo e o movemento obreiro", informa o goberno local.
Promovida pola Concellería de Emprego e Economía Social, a mostra, que se dá a coñecer un día antes da celebración do Primeiro de Maio, é obra do autor coruñés Pepe Barro.
A mostra incluirá 150 imaxes que proceden de distintos arquivos públicos, entre eles fondos do Arquivo Municipal, do Reino de Galicia, da Real Academia Galega (RAG) ou a Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela (USC), entre outras institucións.
Ademais, tamén colaboran entidades como a Fundación 10 de Marzo ou a Fundación Luis Tílve, a Unión Anarcosindicalista da Coruña ou o Proxecto Nomes e Voces.
Escribe o teu comentario