Detido o presunto autor dunha agresión sexual a unha moza no Porriño

|

Detenciondrogaguardiacivil


Axentes da Garda Civil detiveron un home como presunto autor de unha agresión sexual ocorrida na noite do pasado venres na localidade pontevedresa do Porriño.


Tal e como informaron a Europa Press fontes do Instituto Armado, os feitos ocorreron na madrugada do venres, cando supostamente un home agrediu sexualmente a unha moza. Por mor diso, iniciouse unha investigación que permitiu deter ao presunto autor destes feitos.


O home pasou disposición xudicial este luns, tras o que quedou en liberdade provisional, aínda que investigado por un suposto delito de agresión sexual.


Ademais, terá que comparecer quincenalmente no xulgado, segundo informaron a Europa Press fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress