Amplían o prazo de solicitude de axudas para internet de empresas en zonas illadas

|

Portatiltramitesinternet


A Xunta ampliou 3 semanas máis o prazo para que as empresas e autónomos das zonas illadas do rural podan solicitar axudas para o acceso a banda ancha ultrarrápida.


Con esta modificación da convocatoria, que se publica este mércores no Diario Oficial de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) posibilita a presentación das solicitudes ata o próximo 11 de maio.


La Xunta, a través de la Amtega, destina a esta convocatoria un presupuesto de 500.000 euros, que se podrá ampliar hasta un máximo de 1 millón de euros, en función de la demanda. Las ayudas subvencionarán hasta el 100% de los costes de las tareas necesarias para dotar de banda ancha ultrarrápida a la empresa, hasta un máximo de 20.000 euros por beneficiario. No obstante, los proyectos deberán tener un coste mínimo de 2.000 euros.


Estas subvencións cofináncianse a o 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.


Os principais requisitos que deberán cumprir os solicitantes serán non dispoñer actualmente da posibilidade de acceso a redes ultrarrápidas de polo menos 30 Mbps e manter o alta no servizo contratado inicialmente durante polo menos 1 ano.


Para cada solicitude valorarase a mellora que supón o servizo de banda ancha ultrarrápida incluído na proposta, o esforzo investidor previsto e valoraranse tamén as solicitudes recibidas das pequenas empresas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress