Crece a conciencia social sobre a desigualdade das mulleres nas institucións
A percepción cidadá é que nos últimos tres anos empeorou a situación en ONG, administración pública, empresas, partidos, sindicatos e organizacións relixiosas.
O nivel de igualdade efectiva de dereitos e obrigacións das mulleres en distintas institucións españolas descendeu en 2017 respecto dos resultados de hai tres anos en base á percepción dos cidadáns, segundo se desprende do informe dos Índices de Opinión Pública (IOP) elaborado por Simple Lógica.
A investigación feita pública este mes de abril revela que as ONG son as institucións, das sete analizadas, en que os cidadáns perciben unha maior igualdade efectiva de dereitos e obrigacións das mulleres. En cambio, percíbese menor igualdade nas organizacións relixiosas.
As institucións analizadas son as ONG; órganos de goberno estatais, autonómicos e locais; organizacións profesionais; empresas; partidos políticos; sindicatos; e organizacións relixiosas. En marzo de 2017 contouse con 1.006 casos, fronte aos 1.119 do ano 2014.
Entre esas dúas posicións extremas sitúanse os outros cinco tipos de institucións que se consideraron: os órganos de goberno do Estado, as Comunidades Autónomas e os Concellos (5,6), as organizacións profesionais (5,5), as empresas (5,2), os partidos políticos (5,2) e os sindicatos (4,9). Nos cinco casos, como ocorría nas ONG, obsérvase un descenso do nivel de igualdade percibido polos cidadáns, cifrado entre tres décimas e medio punto, con respecto a 2014.
CAMBIOS NA PERCEPCIÓN
Por outra banda, os datos da enquisa poñen de manifesto diferenzas de sensibilidade asociadas especialmente ao sexo, a idade dos entrevistados e a súa orientación política, de modo que se observan diferenzas na percepción entre homes e mulleres acerca da situación con respecto á igualdade efectiva de dereitos e obrigacións da muller en todos os tipos de institucións considerados.
En concreto, o informe apunta que só cando se trata das organizacións relixiosas a igualdade percibida nelas polas mulleres (4,1) é superior á que se dá entre os homes (3,8). A propósito das demais institucións consideradas, as puntuacións que reflicten a igualdade percibida polos homes nelas é superior á que se rexistra entre as mulleres, sendo as puntuacións que reflicten esa igualdade percibida por aqueles superior en entre tres e sete décimas á que expresa a valoración por parte das mulleres.
A investigación revela tamén que son notables as diferenzas que se observan en función da orientación política dos entrevistados á hora de valorar a situación nas distintas institucións en canto a recoñecemento efectivo da igualdade de dereitos da muller.
Nese sentido, pódese facer notar como entre os votantes do PP as puntuacións que reflicten a súa valoración da situación da mulleres en todas as institucións consideradas son significativamente superiores ás que se rexistran entre os informantes dos demais partidos e especialmente entre os de Unidos Podemos e PSOE, entre os que as puntuacións con que se valora a situación nas distintas institucións son sistematicamente máis baixas.
Escribe o teu comentario