Ana Pontón augura que "o substituto de Feijóo é Feijóo"

|

Anaponton 5


A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cre que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, volverá presentarse como candidato nas próximas eleccións galegas que, de non producirse ningún adianto, se celebrarán no ano 2020.


"O substituto de Feijóo é Feijóo". Así respondeu Pontón á pregunta de quen cre que sucederá ao actual titular do Goberno galego no futuro, exposta nunha entrevista radiofónica que a líder frontista concedeu este domingo á Cadena Ser.


Así mesmo, acusou ao líder dos populares galegos de empregar as súas intervencións no Pazo do Hórreo para facer campaña electoral para as municipais que terán lugar dentro de dous anos. "(Feijóo) dedícase a facer oposición aos gobernos locais nas sesións de control do Parlamento", aseverou.


Preguntada por como se prepara o BNG para eses comicios locais de 2019, Ana Pontón manifestou que confía en ter definidos os candidatos das principais cidades antes de final deste ano.


PRESUPOSTOS


En canto á actualidade política, Pontón incidiu en que o borrador dos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) supón "o recortazo do século" nos investimentos estatais para Galicia, cuxo presidente está "atado de pés e mans" e "é incapaz de defender" o territorio que dirixe.


"Feijóo rasgaba as vestiduras cando había nas contas do Estado 2.000 millóns de euros de investimento e agora 932 parécelle unha cifra excelente", espetou.


E é que Pontón cre que a falta de representación do nacionalismo galego nas Cortes influíu na caída da partida destinada a Galicia. Tras isto, ironizou con denunciar a Feijóo por "publicidade enganosa" logo de que o seu lema de campaña nas últimas eleccións fose "Galicia primeiro".

relacionada Ana Pontón: "O nivel de deixamento de Feijóo con Galicia non ten precedentes"
relacionada O BNG ábrese a todos os que consideren que Galicia necesita "forzas políticas propias"
relacionada Ana Pontón reforza o seu liderado nun BNG que quere volver ser integrador

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress