A sinistralidade nas estradas galegas cae á metade respecto ao ano pasado

|

Accidentecarreterabomberos


A sinistralidade viaria descendeu un 55,6 por cento en marzo en Galicia, ao pecharse o mes con catro falecidos en catro accidentes de tráfico, fronte ás nove vítimas mortais en nove sinistros no mesmo mes de 2016, o que supón cinco mortos menos.


Así o reflicten os datos da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) recollidos por Europa Press, dos que se desprende que o maior descenso correspondeu á provincia de Pontevedra, ao pasar de tres a ningunha as vítimas mortais (-100%) e de tres a cero a cifra de accidentes.


Séguelle a provincia de Lugo, ao pasar de dous a unha vítima mortal (-50%) e de dous a un sinistro; e a da Coruña, ao baixar de catro a tres a cifra de falecidos (-25%) e de catro a tres os accidentes no mes de marzo. No caso de Ourense, en marzo non contabilizou vítimas nin sinistros.


Sobre o tipo de accidentes mortais rexistrados en Galicia en marzo, tres deles debéronse a colisións, segundo os datos difundidos pola DXT, e un correspondeu a unha saída de vía.


En canto ás idades das vítimas mortais, unha delas era menor de 25 anos, dúas situábanse entre os 36 e 55 anos e outra era maior de 56.


TRIMESTRE


No que vai de ano, segundo os datos da DXT, faleceron 19 persoas en 17 accidentes de tráfico nas estradas galegas, fronte ás 27 vítimas en 26 sinistros no mesmo período de 2016, o que supón senllos descensos do 29,6 e 34,6 por cento, respectivamente.


A provincia de Lugo sumou catro falecidos en catro sinistros fronte ás nove vítimas en oito accidentes en marzo de 2016, o que implica senllas caídas do 55,6 e 50 por cento, respectivamente.


A provincia de Pontevedra acabou o primeiro trimestre con catro mortos en catro sinistros, fronte aos seis falecidos en seis accidentes dos tres primeiros meses do ano anterior, o que supón un descenso do 33,3 por cento.


Mentres na provincia da Coruña ata marzo rexistráronse 10 mortos en oito accidentes, fronte aos 12 falecidos en 12 accidentes do primeiro trimestre de 2016, o que supón senllos descensos do 16,7 e 33,3 por cento respectivamente.


Ourense foi a única provincia cun aumento, ao pechar o primeiro trimestre cunha vítima mortal nun accidente mentres que no mesmo período de 2016 non sumara ningunha.

relacionada Falece un mozo de 28 anos nun accidente en Arzúa
relacionada Rescatan na Pobra do Caramiñal a un condutor que caeu por un desnivel
relacionada Dáse á fuga en Lugo tras saír da vía e chocar contra outro coche

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress