Triángulo de Amor Bizarro triunfan nos Premios MIN da Música Independente

|

Trianguloamorbizarro


Este mércores entregáronse no Teatro Novo Apolo de Madrid os IX Premios MIN da Música Independente, nunha gala presentada por Zahara e que estivo chea de sorpresas, actuacións e, sobre todo, moita música.


Os galegos Triángulo de Amor Bizarro foron os protagonistas, conseguindo catro dos sete trofeos aos que estaban nomeados, incluíndo os Premio Flooxer ao Álbum do Ano e o Premio Radio 3 ao Mellor Artista. Kase.O fíxose con dous premios.


O Premio Altafonte ao Mellor Artista Emerxente foi para a recentemente falecida Gata Cattana, mentres que o Premio Fundación SGAE á Canción do Ano foi para 'Bien por ti' de Viva Suecia, e o Mellor Álbum de Pop foi para 'Lluvia y truenos' de The New Raemon & McEnroe.


O Premio Gibson ao Mellor Álbum de Rock foi tamén para Triángulo de Amor Bizarro. Ademais, Mellor Álbum de Músicas do Mundo (Anaut por 'Times Goes On'), Mellor Álbum de Jazz (Zenet por 'Se Sucede, Conviene'), Mellor Álbum de Hip Hop e Músicas Urbanas (Kase.O por 'El Círculo'), Mellor Álbum de Flamenco (Jorge Pardo por 'Djinn Metaflamenco') e Mellor Gravación de Electrónica (El Gincho por 'Hiperasia').


Outras categorías foron Mellor Álbum de Música Clásica (Natalia Ensemble por 'Mahler V'), Mellor Álbum en Catalán (Joan Colomo por 'Sistema'), Premio Etxepare ao Mellor Álbum en Eúscaro (Niña Coyote eta Chico Tornado por 'Eate'), Mellor Álbum en Galego (Eladio y los Seres Queridos por 'Cantares') e Premio Sol Música ao Mellor Videoclip (Las Bistecs por 'Señoras Ben').


Tamén se entregaron o Premio ticketea ao Mellor Directo (para Belako), Premio SAE Institute á Mellor Produción (Carlos Hernández por 'Viva Sumeria', de Triángulo de Amor Bizarro), Mellor Deseño Gráfico (Jordi Santos por 'Sagrado Corazón' de La Habitación Roja) e Mellor Fotografía Promocional (Gustaff Choos pola fotografía de Kase.O).


A guinda á velada puxérona o Premio Spotify ao Mellor Artista Internacional, que foi para Nick Cave & The Bad Seeds, e o Premio Honorífico Mario Pacheco, que foi para Paloma Chamorro.

relacionada Música en directo, arte e viño danse cita na Galería Metro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress