Nove concellos da Coruña suman servizos propios de normalización lingüística

En concreto, trátase dos municipios de Arzúa, Cedeira, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Sada, Oroso, Rianxo, Coristanco e Cambre.


|

Deputacioncorunalingua


Nove concellos da provincia da Coruña terán servizos de normalización lingüística de nova creación financiados pola Deputación, segundo informou o organismo provincial.


En concreto, serán os municipios de Arzúa, Cedeira, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Sada, Oroso, Rianxo, Coristanco e Cambre. En total, son 51 os concellos que contarán con este tipo de servizos, nove deles de nova creación e seis na fórmula de mancomunidades.


A liña de axudas convocada pola área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña incluía este ano como novidade a posibilidade de solicitar servizo para concellos de menos de 5.000 habitantes.


A convocatoria estaba dirixida a concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais "para a creación, mantemento e reforzo dos servizos que teñen como obxectivo a promoción do galego".

relacionada Unha trintena de municipios fomentan o 'apego' ao galego desde a infancia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE