Unha trintena de municipios fomentan o 'apego' ao galego desde a infancia

O obxectivo do programa, ao que poden adherirse familias con nenos de 0 a 6 anos, é "promover e arroupar a crianza en galego"


|

Apego


A cidade de Lugo, as localidades pontevedresas de Nigrán, Ponteareas e Vilagarcía, os municipios coruñeses de Cee e Sada e o concello ourensán de O Carballiño, adheríronse ao programa 'Apego', cuxo obxectivo é fomentar e mellorar a transmisión e o uso do galego nas novas xeracións desde os primeiros anos de vida.


O acto de firma deste protocolo de colaboración celebrouse na mañá deste venres en Nigrán, co que estas sete localidades pasan a unirse ás outras 23 xa incorporadas a este programa. Con iso, xa forman parte de 'Apego' as sete grandes cidades galegas e "as principais áreas urbanas" de Galicia.


DE 0 A 6 ANOS


A coordinadora do proxecto e técnico de normalización lingüística do concello de Ames, Rosa Moreiras, indican que o obxectivo deste programa é "promover e arroupar a crianza en galego", polo que poden integrarse as familias que están a esperar un bebé ou que teñen un fillo de 0 a 6 anos.


Por medio de 'Apego', créase unha rede de contacto fluído entre as familias e os concellos e entre os propios nenos; organízanse actividades para familias, profesores e nenos; e póñense a disposición das familias diferentes recursos físicos e virtuais. Actualmente hai unhas 2.000 familias adheridas ao programa, e "moitas máis" participan nas actividades organizadas.


As familias interesadas poden solicitar unirse gratuitamente no servizo de normalización do seu concello ou a través da páxina web 'www.apego.gal', tras o que se lles explica o programa e o seu funcionamento. Ademais, dáselles un disco con cancións en galego e unha caixa de benvida cun medidor, unha mantita-mordedor, un libro sobre o programa e un álbum, entre outras cousas.


Pola súa banda, para que os concellos poidan formar parte desta rede, é "imprescindible" que teñan un servizo de normalización lingüística con persoal técnico especializado; así como "vontade" de intervir. Moreiras indicou que non importa o tamaño das localidades porque "se buscou unha fórmula para que puidesen participar todas".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE