Dous detidos en Ribadeo por apedrear o autobús do equipo contrario

|

Ribadeo

Ribadeo, desde el aire. //Foto: turismo.gal


A Garda Civil detivo os dous presuntos autores de danos e ameazas despois de fracturar un dos cristais do autobús dun equipo de fútbol na localidade de Ribadeo.


Segundo informou o Instituto Armado, ás 12,00 horas do domingo na localidade de Ribadeo foron detidos os presuntos autores dun delito de danos e ameazas.


Os feitos foron cometidos ao fracturar o vidro dun autobús na tarde do pasado día 12 o vehículo circulaba polo centro de Ribadeo con compoñentes dun club de futbol da capital luguesa tras finalizar o encontro do Preferente Norte entre o Ribadeo C.F. e o Polvorín, de Lugo, que terminou con vitoria visitante.


As ameazas, segundo concretaron as mesmas fontes, foron realizadas por un dos dous individuos detidos aos ocupantes do autobús atacado. As persoas detidas foron postas a disposición xudicial, segundo confirmou a Garda Civil.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress