Buscan un mozo de 26 anos que falta do seu domicilio de Ferrol desde o sábado

Tampouco foi localizado o seu vehículo, un Ford Festa de cor vermella, que leva no medio do capó un adhesivo de 'Cadea Dial'.


|

Jonathanfielcabadasdesaparecidoferrol 1

Un veciño de Ferrol de 26 anos de idade, Jonathan Fiel Cabadas, atópase en paradoiro descoñecido desde primeira hora da noite do pasado sábado, 25 de febreiro. No momento da súa desaparición vestía un pantalón vaqueiro de cor negro e cazadora azul cun escudo da agrupación musical Virxe do Carmen de Ferrol.


Ademais, tampouco foi localizado o seu vehículo, un Ford Festa de cor vermella, matrícula PO-3195-AM, que leva no medio do capó dianteiro unha adhesivo da emisora musical 'Cadea Dial'.


Jonathan mide 1,74 metros e pesa uns 80 quilos, ten o pelo curto, ollos castaños e usa lentes brancas. Leva nas costas unha tatuaxe con motivos de poker, como cartas e dados, ademais de manchas de nacemento nesta mesma zona do seu corpo.


O último lugar do que se ten constancia da súa presenza é a rúa María de Ferrol, en pleno barrio da Magdalena.


Os seus familiares máis próximos presentaron tamén unha denuncia na comisaría da Policía Nacional.

relacionada O mal tempo obriga a suspender a procura do home desaparecido en Ferrol

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE