Galicia rexistrou 61 vítimas mortais en accidentes laborais o pasado ano

A nivel estatal, o número de sinistros laborais saldados con falecemento alcanzou os 565.


|

Obrerotrabajadorempleo


Galicia pechou o pasado ano 2016 cun total de 61 vítimas mortais en accidentes laborais, segundo datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.


A nivel estatal, o número de sinistros laborais saldados con falecemento elevouse respecto de 2015 con "55 mortes máis" ata alcanzar os 565.


Deles, 466 producíronse durante a xornada laboral e 99 durante os desprazamentos entre o fogar e o posto de traballo. Por comunidades, a maior taxa de vítimas mortais rexístrase no País Vasco (4,8%), Castela e León (3,17%) e Aragón (3,3%).


Por sectores, a industria manufactureira concentra o maior número de accidentes con baixa (76.260) cun aumento do 9% respecto ao ano anterior, seguida polo comercio almacenista e comercio polo miúdo, a reparación de vehículos a motor, a construción e a hostalería.

relacionada Morre un home de 39 anos en Xermade tras caerlle encima unha árbore
relacionada Tres de cada catro enfermeiras galegas sufriron un accidente biolóxico

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE