O vento tira de madrugada árbores, pólas e carteis

O 112 rexistrou esta noite 65 incidencias como consecuencia do temporal, que, con todo, non provocaron ningún accidente.


|

Arbolcaido


O Centro de Atención ás Emerxencias 112 de Galicia rexistrou 65 incidencias na noite do mércores ao xoves debido á meteoroloxía adversa de nivel laranxa, con caída de árbores e pólas en estradas como as máis habituais.


Segundo informou o 112 Galicia, a caída de árbores e pólas nas estradas, así como de carteis e pancartas representan os incidentes que máis se repetiron desde as 00,00 horas e as 7,00 horas deste xoves.


Por provincias, Pontevedra foi a máis afectada, con 36 incidencias rexistradas; seguida da Coruña, con 21; Lugo, con sete; e Ourense, cunha incidencia.


Ata o momento, o CAE 112 Galicia indicou que non ten rexistradas "incidencias de consideración" como consecuencia da alerta decretada por meteoroloxía adversa.


RETIRADA DE ÁRBORE


No caso concreto da provincia da Coruña, os Bombeiros de Cee concretaron que ás 5,50 horas deste xoves acudiron a retirar unha árbore que cortaba a estrada que vai das Caxadas ao lugar de Piñeiro no municipio de Vimianzo. Segundo explicaron, ata o punto desprazouse unha dotación que procedeu á retirada da árbore e a limpar a estrada, finalizando ás 6,30 horas.

relacionada Galicia afronta catro días de temporal en terra e no mar

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE