O PSdeG lamenta que o PP non prohiba a repartición do planfleto "homófobo" de Hazte Oir

Os populares rexeitaron a petición formulada polos socialistas na Comisión de Educación cunha emenda na que piden "limitar" estas publicacións


|

Hazteoir2


O portavoz de Educación do Grupo Parlamentario Socialista, Luís Álvarez, criticou que o Partido Popular "se opoña" a prohibir a repartición dun panfleto "homófobo" detectado na escolas galegas e asinado pola "organización ultra católica" 'Hazte Oir'.


O deputado socialista ofreceu este venres unha rolda de prensa na que lamentou que o PP rexeitase a petición formulada polo PSdeG na Comisión de Educación celebrada o xoves co argumento "falaz" dunha emenda na que cambiaba o foco da cuestión.


Así, asegurou que, a través da súa emenda, o PP en lugar de "prohibir" pedía "limitar" estas publicacións, despois dunha intervención na que un deputado popular chegou a cualificar de "lixo" esta publicación.


"O PP non necesita satisfacer a estes votantes cunha postura radical", manifestou o parlamentario socialista, que asegurou "non entender" a postura do Partido Popular "desde o punto de vista da hixiene democrática".


CUMPRIR A LEI


Deste xeito, sinalou que a "lei debe ser cumprida en todos o centros, tanto públicos como privados" e lembrou que "a Lei de Igualdade de trato e non discriminación o que fai é garantir o respecto a un colectivo que sofre unha gran presión social".


"Non é cuestión de vulnerar a liberdade de expresión de ninguén, senón de garantir o respecto á diversidade e negalo co voto é contrario a calquera sociedade avanzada", apuntou.


Fronte a iso, avanzou que os socialistas galegos continuarán coa súa ofensiva contra esta publicación, que cualificou de "barbaridade".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE