O difícil camiño á igualdade de xénero

Manoel Barbeitos
Economista

O recente debate parlamentar sobre a Lei Orgánica de Garantía Integral da liberdade sexual (popularmente coñecida como a lei do "só si é si" e que segundo a Ministra Irene Montero busca que a liberdade sexual en España sexa por fin un dereito para así rematar tanto co medo das mulleres a seren agredidas como coa cultura da violación) puxo en evidencia como á igualdade de xénero en España aínda lle queda un longo camiño por percorrer. A razón deste retraso hai que buscala en que as dereitas españolas (PP, Vox), como se puido comprobar no debate parlamentar, se seguen opoñendo a esa igualdade.


Así, os argumentos deses dous partidos para xustificar a súa oposición a lei do "só si é si" foron moi elocuentes. Vox, por boca da súa parlamentaria Carla Toscano, centraría a súa oposición en que a citada lei acaba, por caso, con piropos como "dime como te chamas e pídote para reis" que non se volverán a escoitar na rúa, o que lle daba moita pena. 


Pola súa parte, o Partido Popular (PP) xustificou o seu voto en contra en que "non podemos apoiar esta lei por que é unha xóframa electoral de Podemos". Triste que se frivolice sobre temas tan serios: en España se contabilizan cada ano unha media de 300.000 actos de violencia sexual -en Galicia no ano 2021 rexistráronse mais de 700-.


Neste escenario político, resulta oportuno subliñar que a citada lei recibiría un grande impulso logo da sentencia xudicial inicial a chamada "Manada" na que se culpabilizaba máis á vítima que aos agresores. Unha sentencia que deixaba en evidencia as enormes lagoas que aínda existen no Código Penal, tal que dan pe a que algúns maxistrados tomen decisións realmente sanguentas como, por caso, absolver a algúns agresores por que a vítima "non pechou ben as pernas".


Independentemente dalgunhas insuficiencias nos contidos -por caso, no tratamento da prostitución- e, mesmo de redacción -tal e como sinala a Asociación Progresista de Xuíces e Xuízas pola democracia- esta Lei Orgánica ven a cubrir un gran baldeiro e supón un avance indiscutible no camiño á unha real igualdade de xénero. 


Avance que tivo que superar a oposición das dereitas españolas (PP, Vox) e dos seus apoios: airexa católica -a su corresponsabilidade durante moitos anos na violencia de xénero é indiscutible, por caso, situando aos homes nunha posición de autoridade-, unha parte relevante do poder xudicial -entre o 25 e o 40% das peticións de protección xudicial son denegadas polos xulgados de violencia machista- e medios de información e opinión afíns -"nace o comisariado sexual que culpa ao home de todo" sinalaba unha editorial do ABC sobre a citada lei-.


Unha lei que a prensa internacional de mais prestixio catalogaba como un grande paso adiante na loita pola igualdade de xénero en España ó tempo que destacaba o importante papel da Ministra Irene Montero nese avance.


Parabéns señora Ministra. Parabéns pobos de España.


EuropaPress 4294057 ministra igualdad irene montero ministra derechos sociales agenda 2030 ione

Arquivo: EuropaPress / A ministra de Igualdade, Irene Montero, coa ministra  de Dereitos Sociais.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE