Protexer e coidar a Terra é o único camiño para garantir o noso futuro

Ademais, o crecemento da poboación e o aumento da produción de recursos e alimentos fará que a demanda de auga dispare a súa demanda entre un 20% e un 30% de aquí a 2050.  Viaqua, ao cuidado do medioambiente En Viaqua, empresa cunha traxectoria de máis de 50 anos, ofrecemos solucións innovadoras arredor da xestión sostible da auga, os recursos naturais e a saúde ambiental para as cidades, a agricultura e a industria, en liña coa folla de ruta da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de Nacións Unidas.Como empresa galega que que xestiona un recurso natural clave para máis de 765.000 persoas, en preto de 50 municipios, apoiámonos na innovación e dixitalización, así como as alianzas, para acelerar a transformación ecolóxica e contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas que nos achegue a un modelo máis sostible, ecolóxico e circular.


|

A Terra é o noso único fogar e é a nosa responsabilidade coidala e salvagardar os seus recursos finitos. O ritmo de vida actual non é compatible co seu coidado e debemos tomar conciencia da necesidade de adoptar cambios transformadores que nos permitan entrever un futuro máis sostible.

 

1



Cada 5 de xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente e este ano facémolo baixo o lema “Unha soa Terra”, un xeito moi claro e gráfico de achegar os problemas medioambientais aos que nos enfrontamos xa que non temos un reposto para o planeta, non temos un plan B. O cambio climático, causado pola actividade humana, está agravando a perda de biodiversidade, que acelera o aumento da temperatura global e afecta a océanos e bosques, fundamentais na absorción das emisións de carbono.


Esta problemática endémica á actividade actual, precisa de cambios profundos nas nosas políticas e decisións para que poidamos vivir en harmonía coa natureza e impulsar un estilo de vida máis limpo, ecolóxico e sostible.



A auga é un recurso básico para a vida que sofre as consecuencias desta situación: secas e inundacións, perda de calidade da auga e aumento da escaseza. En 2030, estímase que o 47% da poboación vivirá en áreas con estrés hídrico, o que significa que a demanda é máis alta que a cantidade dispoñible. Episodios como a actual prealerta por seca na provincia de Ourense serán máis habituais e en zonas nas que nunca pensamos que acontecerían. Ademais, o crecemento da poboación e o aumento da produción de recursos e alimentos fará que a demanda de auga dispare a súa demanda entre un 20% e un 30% de aquí a 2050. 


Viaqua, ao cuidado do medioambiente

En Viaqua, empresa cunha traxectoria de máis de 50 anos, ofrecemos solucións innovadoras arredor da xestión sostible da auga, os recursos naturais e a saúde ambiental para as cidades, a agricultura e a industria, en liña coa folla de ruta da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de Nacións Unidas.



Como empresa galega que que xestiona un recurso natural clave para máis de 765.000 persoas, en preto de 50 municipios, apoiámonos na innovación e dixitalización, así como as alianzas, para acelerar a transformación ecolóxica e contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas que nos achegue a un modelo máis sostible, ecolóxico e circular.



2

Valorización energética na EDAR de Ourense


Entre as nosas accións para mitigar o cambio climático destacan: a xeración de enerxías renovables nas nosas instalacións, a mobilidade sostible, a eficiencia enerxética e a compra de enerxía verde, converténdoas en infraestruturas verdes e contribuíndo cos nosos compromisos na loita contra o cambio climático. Desde 2017 reducimos as emisiones potenciáis de 63.646 t CO2 derivadas do noso consumo eléctrico.


Referente internacional en economía circular

Coidar do planeta é coidar dos seus recursos, aproveitalos e darlles unha nova vida. Cada día traballamos avanzando cara o paradigma da economía circular. Un dos proxectos máis ambiciosos que estamos levando a cabo é a transformación das depuradoras en biofactorías. Trátase de verdadeiras fábricas de recursos que rexeneran a auga para novos usos (rega, agrícola e industrial), se transforman os residuos en recursos e se producen enerxías renovables (a partir dos lodos xeran biogás que se emprega para cubrir parte da subministración da planta).



A Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) do Concello de Ourense é unha instalación referente internacional en economía circular. Isto é grazas a xestión sostible e innovadora realizada por Viaqua, conseguindo pechar o círculo, valorizando o 100% dos lodos xerados na EDAR e destinándoos a elaboración de compost e fertilizantes, dado que estes residuos conteñen nutrientes beneficiosos para o chan. 


3

EDAR de Ourense xestionada por Viaqua


Ademais, en Viaqua estamos estudando novas vías para valorizar os lodos producidos nestas instalacións, empregándoos como biocombustibles ou mediante a súa conversión en produtos químicos de alto valor engadido, grazas ás investigacións levadas a cabo na Unidade Mixta CIGAT-BIOFACTORÍA, co noso centro tecnolóxico Cetaqua Galicia e a Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, e os proxectos de investigación europeos ECOVAL Sudoe e WALNUT.


Estes son algúns exemplos dos proxectos que xa temos postos en marcha para contribuír á preservación do medio ambiente dende o sector da auga.



Só hai unha Terra. Coidar a súa riqueza ambiental é un misión colectiva e cada xesto conta.



Contenido patrocinado.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE