Juan Carlos pon a Galicia no mapa

Manoel Barbeitos
Economista

O señor Alfonso Rueda, novo presidente da Xunta de Galicia, aseguraba días atrás que "a soa presenza do rei emérito en terras galegas suporá un empuxón para o turismo da zona. Juan Carlos I é un reclamo non só para Sanxenxo, senón para Galicia dende o punto de vista do turismo, da afluencia e de poñernos no mapa...".

O 18 de xullo do 2014 Juan Carlos I, rei emérito de España, abdicaba do seu cargo o que lle supuxo tanto a perda da condición de inviolabilidade como de exención de responsabilidades, que lle recoñece a Constitución Española (artigo 56.3 C.E.) ao titular da Coroa. Un cambio de estatus xurídico que tamén lle permitiu ao poder xudicial investigar por caso a orixe da súa fortuna, as prácticas comerciais e incluso a vida privada. Investigación que sacaría a luz un comportamento real deplorable.


Así resultou que o emérito ten acumulada unha fortuna nada pequena froito das comisións recibidas en negocios internacionais do goberno español. Negocios como, por caso, a venta de armas as ditaduras arábigas e a marroquí ou a construción de grandes infraestruturas neses territorios como o AVE entre Medina e A Meca. 


Son diñeiros produto, xa que logo, da CORRUPCIÓN: un delito castigado pola xustiza española pero que, como sabemos, é unha práctica frecuente entre os políticos españois maioritariamente das dereitas. Hai máis, pois con parte dese diñeiro o monarca lle pagaba ás súas múltiples AMANTES


Independentemente do xuízo que cada quen poida facer das prácticas amorosas de Juan Carlos, este non deixa de ser unha conduta indigna dun dirixente político ó utilizar fondos públicos para financiar tales actividades privadas... Juan Carlos, non só non declarou á Facenda española eses ingresos, cometendo un FRAUDE FISCAL, senón que ocultaría a maior parte dese diñeiro en paraísos fiscais como, por caso Suíza: EVASIÓN FISCAL.


A estas prácticas podíanselle sumar outras como, por caso, a famosa cacería en BOTSWANA, que confirman comportamentos nada gratificantes e impropios do gobernante dun estado democrático. Para máis vergoña e para evitar render contas diante da xustiza e dos cidadáns dos pobos de España,  Juan Carlos fúgase en segredo e escóndese en QATAR, un estado que é famoso pola constante violación dos dereitos humanos, pero que sabe que polas amistades contraídas no lugar non o vai a extraditar en caso de que a Xustiza española o solicite. Convértese, así, nun PRÓFUGO da xustiza española.


Como podemos comprobar estamos diante dun cidadán exemplar que prestixia os lugares por onde pasa e os cargos políticos que ocupa. Un xefe de estado que, coa súa conduta, copa as portadas da prensa internacional para vergoña e descrédito da democracia española. Un real cidadán que agora, coa súa presencia nas regatas en Sanxenxo tamén "coloca a Galicia no mapa".


En que zona do mapa? Nun lugar veciño a Sicilia por que non cabe dúbidas de que igual que sucedeu, por caso, cos señores Dorado, Oubiña, Miñanco...Galicia volve a ser noticia siciliana. Para aos cinéfilos, cómpre sinalar que esta historia rexia podería servirlle ao grande cineasta Francis Ford Coppola para facer novos capítulos da súa obra mestra "El Padrino".


Para o análise político tamén é preciso subliñar que todo isto llo podemos agradecer tanto ás dereitas españolas (PP/Vox) e a un sector do PSOE, como a unha parte relevante do poder xudicial e a maioría da prensa de información e opinión que durante todos estes anos trataron de evitar que os cidadáns tivéramos un real coñecemento dos feitos como de impedir que lle foran esixidas responsabilidades ao emérito. 


Unha personaxe pública que agora, para máis bochorno, aparece como libre de cargos tanto por haber prescrito os delitos citados como porque parte deles se cometeron cando gozaba da referida inviolabilidade.


Unha liberdade que, como estamos vendo, utiliza sen o menor decoro ("L'État, c'est moi"). Sen parecer que lle importe nin o enorme dano que lle continúa facendo á imaxe da democracia española nin a mofa que supón para os seus cidadáns. Peaxes dunha democracia moi deficitaria.


Archivo - El rey emérito, Don Juan Carlos I.

Arquivo - O rei emérito, Don Juan Carlos I.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE