A nova moda de abandonar gatiños en Pontevedra
Outros once apareceron en unhas as mesmas pésimas circunstancias na porta da vivenda dunha alimentadora. A pesar do aparente avance na concienciación social co coidado dos animais, Difusión Felina Pontevedra traballa para a acollida de gatos na área pontevedresa e define estes acontecementos como un retroceso moral para a sociedade na que vivimos. ABANDONODifusión Felina informa que a maioría de gatos que se atopan son bebés e que aínda dependen das súas nais.
A semana pasada, entre o 4 e 6 de maio, o número de gatos abandonados ascendeu a 26 na cidade pontevedresa.
Os procedementos de desamparo continúan a ser os xa coñecidos: deixalos en contedores ou caixas de cartón. Este ano naceu unha nova tendencia: abandonalos dentro de transportíns.
Fotografa cedida por Difusión Felina Pontevedra.
A asociación protectora de animais Difusión Felina Pontevedra notificou ao medio a nova tendencia que está a nacer en Pontevedra de abandonar gatos en transportíns.
Foi o caso de cinco crías que apareceron á beira do Río Lérez fai tan só catro días. Outros once apareceron en unhas as mesmas pésimas circunstancias na porta da vivenda dunha alimentadora.
A pesar do aparente avance na concienciación social co coidado dos animais, Difusión Felina Pontevedra traballa para a acollida de gatos na área pontevedresa e define estes acontecementos como un retroceso moral para a sociedade na que vivimos.
ABANDONO
Difusión Felina tamén informou que a maioría de gatos que se atopan son bebés e aínda dependen das súas nais. Nestes casos, os gatos son totalmente indefensos, polo que separalos das súas nais supón un exercicio de supervivencia difícil de conseguir para eles.
Ademais, a asociación destaca que as condicións nas que se deixan aos bebés poden provocar angustiosas mortes, pois os abandonos están a producirse nun clima de altas temperaturas.
Os últimos gatos desamparados atopáronse en a Rúa Francisco Asorey, a Rúa do Costado, a Avenida Bos Aires e a Rúa de Cambria, segundo apunta a asociación.
CÓDIGO PENAL
O Código penal sanciona os delitos de malos tratos e abandono animal. Fai referencia aos animais domésticos, é dicir, todos aqueles que viven baixo responsabilidade humana e non viva en estado salvaxe. Neste sentido, o artigo 337 bis recolle expresamente sobre a integridade ou vida dos animais: "O que abandone a un animal dos mencionados no apartado 1 do artigo anterior en condicións en que poida perigar a súa vida ou integridade será castigado cunha pena de multa dun a seis meses".
Ademais, o xuíz poderá sentenciar unha inhabilitación especial de tres meses a un ano para o exercicio de profesión, oficio ou comercio que teña relación cos animais e para a tenencia de animais.
A asociación asegura que ha procedido a tramitar as correspondentes denuncias e solicitan á cidadanía que colaboren coa identificación dos múltiples infractores.
COMO AXUDAR?
O primeiro, fomentando a adopción. Cando os animais son entendidos como obxectos comerciais para a sociedade, corren o risco de ser abandonados nun certo período de tempo ao non tratalos como un membro máis no condominio familiar.
O segundo, adoptar con responsabilidade. Incluír, neste caso, un gato na familia require de atención, compañía e coidados necesarios para mantelo durante toda a vida.
Tamén se pode colaborar con Difusión Felina de Pontevedra proporcionando subministracións para os gatos mentres non conseguen un fogar. Así, recentemente solicitaban con urxencia "penso de bebés e latitas" nas súas redes sociais.
Fotografa cedida por Difusión Felina
Escribe o teu comentario