Lara Méndez, crítica coa Xunta pola súa postura ante os abusos na Igrexa: "Non debe quedar ningún delito impune"
A rexedora lucense ha deixado claro que, con indepedencia de quen realice a investigación, "non debe de quedar impune ningún abuso sexual producido a ningún neno e nena".
"Sobre todo cando falamos de que afecta os nenos e nenas da nosa sociedade", critica.
Lara Méndez | Foto: EP
A alcaldesa de Lugo e vicesecretaria do PSdeG-PSOE, Lara Méndez, reivindicou este martes que ningún delito quede "impune" en relación aos abusos a menores no seo da Igrexa.
Cuestionada polas declaracións nas que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, non se mostraba partidario de investigar só á Iglesia, Méndez sostivo que "calquera delito ten que ser investigado". "Sobre todo cando falamos de que afecta os nenos e nenas da nosa sociedade". "Non debe quedar ningún delito impune", dixo.
Sobre se en Galicia debe de intervir a Valedora do Pobo, a número dous do PSdeG reiterou que "máis aló de quen faga a investigación oportuna, a realidade é que non debe de quedar impune ningún abuso sexual producido a ningún neno e nena".
Precisamente, na xornada do luns, o portavoz do PSdeG no parlamento, Luís Álvarez, censurou a "soidade" de Feijóo en canto ao seu posicionamento sobre os abusos a menores no seo da Iglesia, unha cuestión "gravísima" na que dixo que "non caben posturas mornas nin intentos de difuminar o enfoque".
Escribe o teu comentario