Un millón de pasos por Ourense

José Luis Fernández Carnicero

Nacido en Ourense en 1967. Estudou Maxisterio por Ciencias,especialista en Música. Licenciado en Ciencias Matemáticas especialidade de Estadística e Investigación Operativa na UNED.Postgrado de Experto Universitario en Modelización de Riscos en Entidades Financieiras.

Escrebo en varios diarios de Galiza, nalgúns co pseudónimo de José Luis Fernández Carnicero.

Mestre de Educación Musical no C.E.I.P. Calvo Sotelo (Carballiño).

Membro da Sociedade cultural: O Liceo de Ourense.

Membro do Consello Escolar de Galiza e do Consello Escolar Municipal de Ourense.

Dentro do “Mare Magnum” de cousas que descoñezo sorpréndenme algunhas iniciativas tomadas por algúns políticos de Ourense. Neste caso concreto, non se trata de xulgar a idoneidade da medida, nin as circunstancias que puidesen rodeala, senón do esforzo que supón levala adiante.


Refírome a abrir novos camiños nunha contorna acoutada, desde hai moitos anos, pola familia Baltar. Así, o partido socialista ha decido emprender unha viaxe a pié ata a capital de España. Unha medida que chama a atención de calquera que teña un mínimo de sensibilidade.


Cales son os motivos de tal marcha ? Recibo un whatsapp á hora de comezar unha das etapas desde Verín. Son as 5:44h da madrugada e alégrame poder espertarme con eles. Observo as súas ligazóns nas redes sociais e conclúo que á marxe de calquera actitude cargada de desesperación, hai un hartazgo de políticas que discriminan aos que non son do grupo de goberno da Deputación Ourensá. O detonante, ben puidesen ser, os últimos orzamentos aprobados pola maioría existente na Cámara provincial. Como decepción, a terrible xestión doutros grupos políticos que resultaron ser chave para conformar as maiorías democráticas. Ao poder verificar que é certo todo o que reivindican, baixo a simple mirada aos servizos que ten a provincia galega do interior, atopámonos coa pobreza e o desamparo do medio rural, dos seus veciños e sobre todo dos seus patrimonios inmateriais.


Finalmente me entristece ver que o rexeitamento non só vén dos de fóra. Algúns pretenden destruír desde dentro e, chamándose socialistas, critican sen razón aos que están a traballar por un cambio necesario. Talvez, tan necesario como o foi en Andalucía despois de máis de 40 anos de gobernos progresistas. Porque calquera ideoloxía enquistada na economía, pode perder de vista o horizonte dos seus obxectivos.


As miñas sinceras felicitacións a Rafael Rodríguez Villarino e ao seu equipo, ao saber que non será en balde o seu esforzo por conmover as mentes e os corazóns dos votantes. Os ourensáns teñen moita paciencia, e ao atisbar unha alternativa, non dubidarán en apoiala. Será capaz o PSdeG- PSOE en Ourense de aparcar as súas diferenzas e apostar pola unidade? Estou seguro que dese modo, "o millón de pasos por Ourense" sería moito máis frutífero, que algo impactante e anecdótico. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE