Sete novos parques eólicos este ano con máquinas de Vestas, que pecha en Galicia


Vestas Nacelles, a filial do grupo sueco que pechará en Viveiro destruíndo centos de empregos, recibiu polo menos 39 millóns de euros de subvencións públicas no últimos sete anos. É máis, a compañía mantén unha considerable clientela no país. Só no que vai de ano, a Xunta tramitou sete parques eólicos con máquinas da empresa danesa.


|

Vestas Nacelles, a filial do grupo sueco que pechará en Viveiro destruíndo centos de empregos, recibiu polo menos 39 millóns de euros de subvencións públicas no últimos sete anos. 


É máis, a compañía mantén unha considerable clientela no país.  Só no que vai de ano, a Xunta tramitou sete parques eólicos con máquinas da empresa danesa.


Maquinaria de Vestas nunha foto tomada pola Xuna durante unha visita de Feiju00f3ou á fu00e1brica de Viveiro

Maquinaria de Vestas nunha foto tomada pola Xuna durante unha visita de Feijóo á fábrica de Viveiro 



A Asociación Eólica dixo onte que a saída de Vestas de Galicia ten que ver coa suposta retardación do sector. Iso a pesar do aparente boom de solicitudes e autorizacións dos últimos anos.  


Por exemplo, só no que vai de ano, podemos atopar aeroxeradores de Vestas en polo menos sete novos parques.  En concreto, segundo recolle o DOG, a promesa de usar máquinas desta compañía figura en: 








É certo que non todos estes parques eólicos teñen porqué acabar construíndose finalmente. Tamén que esta relación non inclúe as ducias de parques que está a tramitar o Estado, os máis potentes, e que poden tamén usar os aeroxeradores de Vestas. 


VINTE PARQUES EN CATRO ANOS




Se ampliamos un pouco o plano de o análise, ata 2017, son 20 os proxectos ou autorizacións de parques que no DOG indican que usarán Vestas. Un considerable volume de negocio para catro anos, dado que é raro o parque que ten menos de media ducia de muíños. 


As razóns da suposta retardación da eólica en Galicia son, segundo esta patronal, a lentitude da Xunta á hora de tramitar, a inseguridade xurídica de decisións como a baixada da tarifa da Luz decretada por Moncloa e a mala prensa que eles cren impulsa o BNG dicindo que Galicia é excedentaria de enerxía, entre outros motivos. 


SUBVENCIÓNS DA XUNTA E O ESTADO

Ademais, os daneses tiraron de diñeiro público para impulsar o seu negocio. Non só cando se instalaron, hai décadas, tamén recentemente.




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE