Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.
“Os bos e xenerosos, a nosa voz entenden
e con arroubo atenden, ou noso rouco son.
Máis sí os iñorantes e féridos e duros,
imbéciles e escuros, non nos entenden, non”.
Himno de Galiza. Eduardo Pondal (1835-1917): Vos Piñeiros.
A Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública, da que forma parte a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Púbica, e que engloba a todas as Asociacións Autonómicas, está a levar a cabo unha iniciativa para promover un debate en todo o estado español de como mellorar a AP, piar básico da asistencia sanitaria ás persoas.
Este Manifesto, avalado por múltiples profesionais que traballan neste sector, elaboramos un Documento que, primeiro a nivel individual, e que logo estará aberto a diferentes entidades, asociacións de pacientes, de familiares de pacientes, colexios profesionais, sindicatos, partidos políticos, entidades culturais, veciñais, organizacións profesionais, científicas, etc. e que ten por obxectivo: instar as autoridades sanitarias a recoñecer que temos un problema: o desmantelamento sistemático da AP desde hai moitos anos, xunto a falta de investimento. Esta iniciativa levará a unha segunda fase: poñer solución, entre todos e por consenso a este problema de saúde, empezando por unha administración cicatera nos seus orzamentos para o ben máis prezado que temos que é a saúde!
No momento actual, non se albisca un paradigma alternativo á AP, pero hai moitas decisións que minan a súa estrutura, as súas capacidades e o seu prestixio; por iso pensamos que hai que facer algo. O documento, fai unha análise crítico da situación e propón medidas concretas para lograr unha AP aberta, accesible, equitativa e de calidade, que responda os problemas e necesidades de saúde da poboación. O obxectivo final é promover unha gran Alianza Social e Sanitaria para evitar o colapso de nosa AP.
O informe, pretende suscitar un debate amplo entre xs profesionais, que esperanza de influír nas políticas públicas.
1.- Recuperar o recortado nos últimos anos, incrementando o orzamento ata o 25% do total, así como os persoais de persoal, eliminando as trabas de acceso a probas diagnósticas e terapéuticas. Ofertar Emprego Público Estable e de calidade con suficiente periodicidade e dando Estabilidade aos persoais.
2.- Garantir uns Centros de Saúde abertos, accesibles, próximos a toda a poboación e sen listas de espera.
3.- Dar prioridade ás consultas presenciais, fundamentais para lograr unha eficaz relación profesional/paciente e unha atención de calidade. As consultas telefónicas e telemáticas deberán ter un papel complementario.
4.- Incorporar novos profesionais aos equipos de AP (fisioterapia, matronas, saúde mental, logopedia, atención temperá, farmacoloxía clínica…).
5.- Incrementar o persoal das áreas de admisión, formalo adecuadamente para mellorar a relación entre a comunidade e garantir, en estreito contacto co persoal asistencial, a distribución das demandas de atención nos Centros.
6.- Desmedicalizar e Desburocratizar a AP.
7.- Mellorar a relación co nivel hospitalario, potenciar os Procesos Asistenciais como base da atención de saúde, coordinados desde a AP, incrementando a súa capacidade resolutiva.
8.- Desarollar a orientación comunitaria nos centros de saúde con colaboración de Saúde Pública e a consideración dos Determinantes Sociais de Saúde.
9.- Transformar as Áreas Sanitarias para que se convertan no espazo para a integración de todas as actuacións e actividades asistenciais.
10. Garantir a participación e empoderamento dos cidadáns.
11.- Promover o nivel de intelixencia da AP potenciando as actividades formativas, docentes e de investigación, con recursos e equipamento propio e suficiente.
Esperamos, desde a FADSP que a apertura deste debate leve á mellora da AP o que significará que seguimos protexendo o ben máis prezado que temos: a saúde!
Escribe o teu comentario