Un accidente laboral en Boiro cóbrase a vida dun operario que caeu desde un camión
Un operario faleceu na mañá deste luns tras caer dun camión nun polígono industrial do concello coruñés de Boiro.
Os feitos ocorreron a mañá deste luns nun polígono da localidade boirense.
A pesar da intervención dos servizos sanitarios, estes só puideron certificar a morte do operario.
Un operario faleceu na mañá deste luns tras caer dun camión nun polígono industrial do concello coruñés de Boiro.
O 112 Galicia foi alertado do suceso sobre as 12,30 horas deste luns, cando un particular solicitou asistencia médica para un compañeiro de traballo que acababa de sufrir unha caída desde un vehículo.
Inmediatamente, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) alertaron ao persoal sanitario, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e aos membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Boiro da situación.
Unha vez no lugar dos feitos, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 certificaron que o operario falecera.
Escribe o teu comentario