A melloría perde velocidade sementando dúbidas de se haberá ou non outra onda importante de covid

En concreto, a razón de taxas resultante é de 0,73, o que nos indica que na última semana houbo un 27% menos de de positivos que na anterior.Este ritmo de caída, 27% menos de diagnósticos á semana, é algo menos veloz que o de onte,  (29%) pero segue sendo excelente. A taxa de positividade onte foi do 4,5% das 3.700 PCRs.


|


Os 146 novos positivos por PCR comunicados hoxe serven para seguir rebaixando os índices de diagnósticos, pero dunha forma un pouco máis modesta que a principios de semana.


Os casos activos continúan caendo moi rápido e xa estamos en menos de 4.000 por vez primeira desde o 7 de xullo. Non hai indicios de rebote, aínda que a velocidade de melloría xa non é tan fulgurante, como por outra banda era de esperar. O excepcional é a enorme caída destas semanas.




 

Así, a incidencia acumulada semanal pasa de 39 a 37 positivos por cada 100.000 galegos á semana. É o mellor valor desde finais de xuño.

 

incidencia acumulada a 14 días cae de 112 a 103, un descenso de 9 puntos que pon a este marcador a piques de baixar da barreira psicolóxica de fiel, algo que non lograbamos desde o 6 de xullo.


O dobre da incidencia semanal ( 74 ) é menor que a incidencia bisemanal (  103 ). En concreto, a razón de taxas resultante é de 0,73, o que nos indica que na última semana houbo un 27% menos de de positivos que na anterior.


Este ritmo de caída, 27% menos de diagnósticos á semana, é algo menos veloz que o de onte,  (29%) pero segue sendo excelente. 


A taxa de positividade onte foi do 4,5% das 3.700 PCRs. A cada día que psa o SERGAS fai menos e menos probas, onte menos de 2.900. A pesar diso a media semanal da taxa de positividade non cae, descende, aínda que sexa pouco como hoxe. 


SITUACIÓN DOS INDICADORES NO SEMÁFORO DE ALERTAS

Así, a media móbil a sete días da taxa de positividade  baixa do -4,4% ao -4,3% tras 17 días seguidos de descensos.  Segundo os criterios do semáforo de alertas oficial, a taxa de positividade de Galicia segue en risco baixo pero o previsible é que a próxima semana reconquistemos a nova normalidade. 


A incidencia semanal necesita baixar de 25 para salirde risco medio e entrar en risco baixo. Conseguirao Galicia antes de que se produza algún repunte debido ao aumento da mobilidade tras as vacacións? Esta é unha das grandes incógnitas da pandemia que nos axudará a compreder o verdadeiro impacto das elevadas taxas de vacinación.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados continúan derrubándose rapidísimamente, cun -7,1% menos hoxe. A media semanal, o indicador máis relevante, dá un paso polo mal camiño, achegándose a cero unha décima, pero o certo é que está en valores elevadísimos, xamais vistos en toda a pandemia ata esta semana, cun -6,7% actualmente. 



En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un descenso  -287 ,que deixa o total en Galicia en  3.754 casos activos. 


CONCLUSIÓNS

Con todas estas estatísticas sobre a mesa, podemos inferir que:

  • Na batalla de contagios, ña pandemia segue perdendo máis e máis terreo nun momento, pasados dous meses e medios do pico da onda no que, en teoría, debería empezar a reconquistar terreo. 
  • A evolución da loita entre diagnósticos e altas tamén é anómalo. A estas alturas é algo verdadeiramente excepcional unha caída tan veloz dos casos activos.
  • Hai algún outro factor máis aló das vacinas que expliquen este comportamento extraordinario? Pode, pero probablemente ningún sexa tan determinante como a vacinación.
  • Será suficiente a alta vacuanción dos galegos, superior ao 80%, para impedir calquera outra nova onda importante? Esta é a gran incógnita que se cerne agora sobre nós. De habela, debería empezar a deixarse notar nas primeiras semanas dun curso que acabamos de empezar.

DATOS POR ÁREAS

A Coruña ( 40 ) volve ser a área que máis diagnósticos achega, o que é normal debido a que é a máis poboada. É a primeira vez nesta quinta onda que ningún distrito do SERGAS pasa de 40 novos diagnósticos. Ferrol, a área máis despoblada, leva xa unha semana sen sumar de 10 positivos nun día, hoxe son só dous.





Máis datos a nivel municipal e de distrito do SERGAS nuns minutos en Galiciapress. 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE