Gran incendio forestal desbocado en Rubiá pasa de 20 a 130 hectáreas queimadas en dúas horas (vídeos)
Un incendio forestal permanece activo desde a tarde deste xoves no municipio ourensán de Rubiá, segundo trasladou a Consellería do Medio Rural.
Situación complicada porque Lugo e Ourense estarán este venres no alto risco de incendio polas altas temperaturas, advirte a AEMET. Existe a posibilidade de que o país sufra vagas de incendios como as que arrasaron recentemente países mediterraneos.
Incendio visible desde Loura nunha foto de @Incendiosgalic1
Un incendio forestal permanece activo desde a tarde deste xoves no municipio ourensán de Rubiá, segundo trasladou a Consellería do Medio Rural.
A Xunta afirmou sobre as nove da noite que ían queimadas unhas 20 hectáreas. Sobre as 10:30 informaba que se dispararon a 130.
Os vídeos do lume testemuñan a virulencia das chamas, visibles desde a capital municipal:
As lapas empezaron minutos despois das 18,00 horas deste xoves. Sguen sendo visibles unha vez caída a noite.
Na zona traballan catro axentes, once brigadas, tres motobombas, tres pas e medios aéreos.
Escribe o teu comentario