Estafa piramidal en Santiago de Compostela termina cun empresario condenado a tres anos de cárcere
A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela, condenou a un empresario a tres anos de cárcere e ao pago dunha multa de 2.400 euros por garantir a sete investidores unha rendibilidade de capital moi superior á que ofertaba calquera entidade bancaria en 2017 e, unha vez que lle confiaban o seu diñeiro, estafalos. Ademais, deberá indemnizar aos sete prexudicados cun total de 62.708 euros.
O esquema Ponzi é un tipo de fraude que ten máis dun século de historia. Con todo, aínda hai xente que cae nel.
Os estafados confiaron nas altas rendibilidades que lles prometía o condenado desatendendo aquilo de "ninguén dá duros a catro pesetas".
Xulgados de Fontiñas en Santiago
A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela, condenou a un empresario a tres anos de cárcere e ao pago dunha multa de 2.400 euros por garantir a sete investidores unha rendibilidade de capital moi superior á que ofertaba calquera entidade bancaria en 2017 e, unha vez que lle confiaban o seu diñeiro, estafalos. Ademais, deberá indemnizar aos sete prexudicados cun total de 62.708 euros.
O engano, segundo considera acreditado o tribunal nunha sentenza da que informou este luns o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), "consistía en facer crer aos inversionistas que ían obter unha alta rendibilidade polos seus aforros (igual ou superior ao 10 % mensual) co reclamo de que ía investilos en empresas dos sectores publicitario, farmacéutico e sanitario, que xeraban eses elevados beneficios, cando o certo é que tal investimento nunca se chegou a producir".
APARENCIA DE RIQUEZA
Na sentenza con data do pasado 7 de xuño, os maxistrados, ademais, destacan que o condenado trataba de "transmitirlles seguridade" garantíndolles a recuperación do diñeiro investido. Desta forma, aseguráballes que tanto el como a súa familia tiñan capacidade económica para responder do compromiso asumido, algo que non era certo; e, doutra banda, entregáballes un recoñecemento de débeda e un pagarei no que facía constar que avalaba a operación e que se podía recuperar a cantidade entregada cun simple aviso previo/previo aviso de sete días.Ademais, os xuíces absolven á muller do acusado ao considerar que non queda constancia algunha de que esta recibise algún ben procedente das actividades ilícitas realizadas polo condenado.
Escribe o teu comentario