Covid municipios: A Coruña sae de risco alto, Santiago leva rebotando unha semana seguida e soben varios turísticos

A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador ao final da noticia.


|

O diminuto municipio de Beade (384 habitantes) é o único de Galicia en nivel de risco extremo polos seus positivos na última semana, en negro no mapa. 


Iso si, non é o único perimetrado en Semana Santa, condición que tamén soportorá Maside, igualmente do Ribeiro; aínda que Maside xa logrou mellorar notablemente e está xa en risco alto, en vermello claro no mapa. 


De feito, hai varios municipios con peores datos que Maside e que non están perimetrados. Entre eles destacan varios moi turísticos, como Sanxenxo (onde está previsto un cribado), Baiona ou Ortigueira. Eles son algúns dos que teñen entre 125 e 150 positivos por 100.000 habitantes na última semana, o que os pon en nivel de risco extremo, en vermello escuro no mapa.


A mobilidade na ponte de San Xosé pode haber contribuído aos rebotes nestes destinos vacacionais costeiros. Pola contra, hai algúns municipios turísticos na costa que aínda conservan o verde da nova normalidade, por ter menos de 10 positivos por 100.000 habitantes no últimos sete días. Por exemplo, Ribeira, Muros ou Viveiro.


Con todo, na costa o verde da nova normalidade é agora máis escaso do que era en vésperas da ponte da semana pasada. Por exemplo, a Illa de Arousa saíu da nova normalidade para ascender a nivel de risco baixo.






Municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte:



  • Santiago de Compostela +1
  • Ourense +1
  • Sanxenxo +1
  • Baiona +2
  • Moaña +2
  • Arteixo +3
  • Pontevedra +6


Relación de concellos cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a é mesmo total calculado onte:



  • Vigo -15
  • Coruña (A) -9
  • Cambre -7
  • Lugo -5
  • Culleredo -3
  • Oleiros -3
  • Ferrol -2
  • Gondomar -2
  • Monforte de Lemos -1
  • Cangas -1
  • Marín -1


A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador ao final da noticia.


COMPARATIVA DE CIDADES

A sete días Ourense e Lugo son as cidades con mellores cifras. Están moi preto de caer por baixo dunha incidencia acumualda de 10, o que lles permitiría entrar no mellor nivel posible, o da nova normalidade. De feito, Ourense conseguiuno un día desta semana, pero foi rebotando un pouco a continuación.


Analizando a evolución a 14 días, o covid-19 está a gañar terreo en Santiago, Pontevedra e  Vigo. Con todo, A Coruña é de lonxe a cidade con peores rexistros. De feito, é a única aínda en nivel de risco alto, a pesar da súa boa tendencia nos últimos días.


O cómputo semanal de Santiago duplicouse desde o día 20, cando Santiago sumou 22 positivos na última semana, ata hoxe, cando a cidade conta 44 positivos na última semanal.  Compostela encadea o seu sétimo día seguido coa incidencia a 14 días á alza. Compostela encadea o seu sétimo día seguido coa incidencia a 14 días á alza, aínda que o rebote non está a ser moi virulento, si é relevante:



A outra cara da moeda represéntaa A Coruña. A pesar de ser a urbe con peores niveis desde hai moito tempo, a súa evolución mantense á baixa. A incidencia a dúas semanas subiu onte, pero hoxe segue unha pendente de descenso que é a máis empinada de todas as cidades galegas. Descenso que hoxe lle permitiu baixar de 75 positivos por 100.000 coruñeses na última semana, por iso cae a nivel de risco medio e vístese de laranxa no mapa abandonando o vermello claro do nivel de risco alto.




EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

A Coruña é a área sanitaria que mantén unha tendencia de casos activos máis claramente á baixa. O resto está plana ou, no caso de Vigo, tende a subir lixeiramente. 




Respecto onte, os casos activos han volto a descender no conxunto de Galicia ás portas do inicio da Semana Santa e baixan a 2.403, o que supón 37 menos que a xornada anterior.


Con todo, o descenso non é xeneralizado por áreas sanitarias, xa que aínda que baixan en cinco delas --Ourense (-6), A Coruña-Cee (-27), Ferrol (-1), Lugo (-8) e Vigo (-2)--, soben lixeiramente nas de Pontevedra-O Salnés (+6) e Santiago-Barbanza (+1).  


Por tanto, a área da Coruña e Cee mantense á cabeza con 900 casos activos; seguida da de Vigo, con 515; Santiago e Barbanza, con 270; Pontevedra e O Salnés, con 215; Lugo, con 177; Ferrol, con 176; e Ourense á cola con 150.

 

ÚLTIMOS DATOS POR ÁREA

No relativo aos novos contagios detectados con calquera tipo de proba, aínda que este xoves pasado rexistraron un repunte a 162, este venres descenden lixeiramente a 115, tras comezar a semana con 103, baixar a 90 o martes e subir a 133 o mércores.

En concreto, nas últimas 24 horas confirmáronse en Galicia 95 positivos con PCR --62 menos que a xornada anterior--, dos cales 32 corresponden á área da Coruña e Cee; 21, á de Vigo; 16, á de Pontevedra e O Salnés; nove, á de Santiago e Barbanza; oito, á de Ferrol; cinco, á de Ourense; e catro, á de Lugo. 





HOSPITALIZACIÓNS POR ÁREA SANITARIA

A presión hospitalaria baixa en catro das sete áreas sanitarias --Ourense, A Coruña-Cee, Santiago-Barbanza e Lugo--; mentres que se mantén igual nas de Ferrol e Vigo; e sobe na de Pontevedra-O Salnés.

Deste xeito, na área de Ourense mantéñense dous pacientes en UCI e descenden a 16 os doutras unidades --catro menos--; na de Santiago e Barbanza seguen tres en críticos e baixan a 18 os doutras unidades --catro menos--; mentres que na da Coruña e Cee redúcense a 16 as persoas con coronavirus en UCI --una menos-- e a 63 as doutras unidades --dúas menos--.

Pola súa banda, na área de Lugo soben a tres os pacientes Covid en UCI --uno máis--, pero baixan a oito os que se atopan noutras unidades --tres menos--; na de Vigo caen a sete o críticos --un menos--, pero aumentan a 44 os doutras unidades --uno máis--.

En canto á área Ferrol, mantéñense dúas persoas con Covid ingresadas na UCI e 12 noutras unidades, mentres que na de Pontevedra e O Salnés soben a tres os pacientes en críticos --un máis-- e a 17 os doutras unidades --tres máis--. 


DDP56 incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia (5)









Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE