A Xunta aproba 330.000 bonos gratuítos de 30 euros para descontos do 20% no pequeno comercio

A Xunta de Galicia poñerá en marcha un total de 330.000 vales dotados con 30 euros que permitirán obter un 20% de desconto en compras realizadas no comercio de proximidade.

|

O plan, aprobado polo Goberno de Galicia e anunciado por Feijóo, busca inmpulsar as compras no comercio de proximidade. 


Válelos poñeranse en marcha a través dunha aplicación móbil e contarán cun orzamento de 10 millóns de euros "ampliables en función da demanda".


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no Consello de XuntaAlberto Núñez Feijóo | Foto: EP


A Xunta de Galicia poñerá en marcha un total de 330.000 vales dotados con 30 euros que permitirán obter un 20% de desconto en compras realizadas no comercio de proximidade.

Así o anunciou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello, na que detallou que esta iniciativa enmárcase nas medidas de rescate ao sector tras a pandemia.

"Entregaremos 330.000 bonos gratis de 30 euros, que supoñen a capacidade de obter un desconto do 20%", sinalou o presidente, que explica que con esta iniciativa a Xunta aspira a mobilizar 55 millóns de euros en compras.

O máximo mandatario autonómico detallou que a Administración autonómica prevé activar a finais da próxima semana estes vales, que se poñerán en marcha a través dunha aplicación móbil e que contarán cun orzamento de 10 millóns de euros "ampliables en función da demanda".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE