Moción de censura de PSdeG e Ribeiro en Común contra o alcalde de Ribadavia, Fernández Gil (PPdeG)
A esquerda gañou con claridade as eleccións locais hai dous anos, pero ata hoxe foi incapaz de coordinar un pacto de goberno
O BNG, que ten un concelleiro, mantense por agora á marxe; aínda que socialistas e a marea teñen forzas suficientes para desaloxar ao PP
Os sete concelleiros que suman PSOE e Ribeiro en Común rexistraron unha moción de censura en Ribadavia (Ourense) para apartar da Alcaldía ao rexedor popular César Fernández Gil.
César Fernández gobernaba en minoría desde as eleccións municipais do ano 2019, dado que os populares teñen cinco concelleiros dunha Corporación que conforman un total de 13 edís --o resto de grupos confórmano catro edís do PSOE, tres de Ribeiro en Común e un do BNG--.
A proposta dos impulsores da moción é que a edila socialista Noelia Rodríguez asuma a Alcaldía, con Paula Rodríguez (de Ribeiro en Común) como tenente de alcalde.
Ambas as formacións xustificaron o impulso da moción polos "incumprimentos" dos populares e reivindican un goberno "de cambio, progreso e feminista". Non en balde, subliñaron que se tratará "do primeiro goberno municipal da historia de Ribadavia que estea encabezado por mulleres".
Escribe o teu comentario