A Coruña preto do fin do perímetro aínda que o SERGAS teme que pase o mesmo que en Santiago

A cidade da Coruña é, das urbes galegas con limitación de mobilidade, a que presenta uns datos epidemiolóxicos que a sitúan máis "próxima á apertura" do seu peche perimetral, que se prolonga desde finais do mes de outubro, aínda que esta decisión non se tomou aínda en base a criterios de "prudencia" e aprazouse ata a próxima reunión do organismo.

|


Segundo os datos oficiais, na Coruña houbo 289 diagnósticos nas últimas dúas semanas. É unha caída do 33% desde o principio do mes. É descenso é ademais case inenterrumpido, aínda que perdeu forza nas últimas jorandas. 

 



 

A incidencia acumulada da Coruña, sobre os 120 positivos por cada 100.000 coruñeses en 14 días, es inferior á media galega, que anda sobre os 155.




A cidade da Coruña é, das urbes galegas con limitación de mobilidade, a que presenta uns datos epidemiolóxicos que a sitúan máis "próxima á apertura" do seu peche perimetral, que se prolonga desde finais do mes de outubro, aínda que esta decisión non se tomou aínda en base a criterios de "prudencia" e aprazouse ata a próxima reunión do organismo.


O LUNS, OUTRA OPORTUNIDADE
Así o explicou este mércores, durante unha rolda de prensa, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que repasou a situación das grandes cidades galegas e as medidas adoptadas polo comité clínico este martes.

De entre as urbes, Comesaña destacou o caso da Coruña, onde a tendencia é "moi favorable" e "próxima xa á apertura". Con todo, por un "criterio de precaución", decidiuse non executar esta medida esta semana e "pospoñer a apertura" ao comité clínico do próximo luns, 21 de decembro, que volverá analizar os datos.

MEDO A QUE PASE COMO EN SANTIAGO
Parte desta decisión está motivada pola mala evolución que rexistrou nos últimos días Santiago, que tivo que ser de novo perimetrada. Sanidade busca que unha apertura precoz non empeore os resultados e obrigue a tomar medidas en pleno Nadal.

Ao este caso tamén se referiu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que, tras reunirse co presidente da Deputación de Ourense, advertiu de que a Administración sanitaria seguirá "vixiando" a cidade de Ourense, onde tamén empeorou a situación, aínda que non hai "un repunte tan importante" como na capital galega.

No polo oposto, aínda que co argumento do "mesmo criterio de prudencia", situou á cidade da Coruña, ás portas da apertura. Segundo explicou, decidiuse non dar este paso coa vista posta en preservar a mellor evolución epidemiolóxica e pospúxose "" ata o encontro do comité clínico previsto para a próxima semana.

MEDIDAS DO COMITÉ
O comité clínico que asesora á Xunta respecto a a evolución do coronavirus decidiu na súa reunión deste martes que Santiago de Compostela volva quedar pechada perimetralmente na medianoite do mércores ao xoves debido ao repunte de casos na capital galega, que pasa ao nivel medio de restricións.

 




 


Santiago foi, xunto con Ourense, as primeiras cidades en abandonar as máximas restricións impostas en todas as urbes a finais de outubro. Fixérono xusto antes da ponte de decembro e, desde entón, os datos foron negativos, cun incremento paulatino de casos.

Ademais do peche perimetral, pasar ao nivel medio de restricións implica que a hostalería poderá estar aberta ata as 23.00 horas, cun 40% de capacidade no interior e o 50% no exterior e con mesas de ata seis persoas. As reunións poderán ser dun máximo de seis persoas, conviventes ou non.

Por outra banda, o municipio coruñés de Ribeira e os pontevedreses de Bueu e Baiona incorpóranse ao nivel máximo de restricións, o que supón, ademais da prohibición de moverse a outros municipios, a apertura da hostalería só con servizo de terraza ao 50%, ata as 17.00 horas e cun grupo máximo de catro persoas, conviventes ou non. As reunións sociais permítense cun límite de catro persoas non conviventes.

Pola súa banda, Santa Comba, Mazaricos, Negreira, Carnota, Rodeiro, A Illa e Fisterra pasan ao nivel medio alto de restricións, que conleva tamén o peche perimetral. Ademais, supón a apertura da hostalería cun 30% de aforo interior e un 50% no exterior, ata as 17.00 horas e cun grupo máximo de catro persoas, conviventes ou non. As reunións sociais permítense cun límite de catro persoas non conviventes.

Os expertos do comité clínico tamén acordaron implementar "unha vixilancia especial" nos municipios de Verín, O Barco, Cedeira e San Sadurniño, así como na Rúa, que xa está con restricións de nivel medio alto.

Pola contra, suavízanse as medidas en Barro, Coristanco, Cee, Laxe, Carballo e Ponteceso, que pasan ao nivel básico de restricións, co que se suprimirá a limitación de mobilidade e a hostalería poderá abrir ao 50% da súa capacidade no interior e ao 75% no exterior, ata as 23.00 horas. As agrupacións de mesas poderán ser de ata seis persoas.

GALICIA, EN TENDENCIA "ESTABLE ASCENDENTE"
Segundo informou durante a rolda de prensa a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, Galicia atópase nunha "tendencia estable ascendente", que obriga a "estar vixiantes".

A incidencia a 14 días é de 167,48 casos por 100.000 habitantes e de 85 casos a sete días, cunha "estabilidade" que, de todos os xeitos, é "crecente". O índice reprodutivo está, así mesmo, por encima dun. Nos puntos favorables, Carmen Durán mencionou a porcentaxe de positividade, o 5,7 das probas realizadas.

En canto ás cidades, obsérvase unha "melloría na incidencia acumulada" da Coruña, especialmente, Lugo, e Vigo, que pasou de ter unha taxa de 193 casos por 100.000 habitantes a 14 días a 165.

Ferrol mantense "estable", con "tendencia descendente", xa que "evoluciona lento pero favorable", e Ourense incrementou a incidencia acumulada, aínda que non na magnitude de Santiago, polo que, polo momento, seguirá aberto. En Pontevedra hai un "pequeno repunte", pero Sanidade destaca a "estabilidade".

Probablemente "o concello que máis preocupa" a Sanidade é Santiago, que experimentou un importante repunte nos últimos días, pasando de 70 casos o 4 de decembro aos 138,8 por 100.000 habitantes do último informe. Teniendo en cuenta as distintas variables, a Xunta decidiu que regrese á limitación de mobilidade perimetral, que se volverá a analizar o vindeiro luns.

PREOCUPACIÓN POR BARBANZA, XALLAS, DEZA E SALNÉS
A maiores, Carmen Durán referiuse tamén á evolución noutras áreas nas que se incrementaron as restricións. No caso de Barbanza, Ribeira tívose que unir ás restricións de Boiro por "un incremento importante de casos na última semana". Se a semana pasada tiña 24 acumulados a 14 días, esta son preto de 80.

Na comarca de Xallas, Sanidade alerta dun "incremento importante" de casos en Mazaricos e Santa Comba. Concretamente esta última con 46 casos a 14 días, 10 máis que a semana anterior.

No Deza, a preocupación é por Rodeiro, cun "goteo continuo de casos", que "case triplican os que tiña hai unha semana a 14 días", e no Salnés incrementáronse restricións en áreas como A Illa, con 38 casos nos últimos 14 días.

Dentro dos lugares que se atopan "en vixilancia", a directora xeral nomeou a comarca de Valdeorras, coa Rúa e O Barco que "seguen incrementando casos" e un empeoramento en Verín.

Pola contra, Durán eloxia "evolucións moi favorables" como a de Barro, con "ningún caso no últimos sete días" e "só un nos últimos 14". Tampouco tiveron casos a sete días Coristanco nin Laxe e en Carballo detectáronse só seis.


IH9TH coronavirus no concello a coru a evoluci n recente nbsp nbsp



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE