​Galicia despide o verán cunha borrasca de carácter tropical que afectará a Galicia a finais de semana

Unha importante borrasca atlántica con condicións subtropicales chegará entre o xoves e o venres ás costas galegas. A súa evolución está a ser seguida polo Centro Nacional de Furacáns. 


|

Unha importante borrasca atlántica con condicións subtropicales chegará entre o xoves e o venres ás costas galegas. A súa evolución está a ser seguida polo Centro Nacional de Furacáns.


A presenza desta borrasca chega despois dunha fin de semana no que Galicia non apartou o ollo dos termómetros, que marcaron temperaturas de récord a mediados de setembro.


Tempo galicia

Imaxe satelital de Meteogalicia




O tempo da fin de semana estará condicionado pola presenza desta borrasca, xa que se esperan choivas de carácter xeneralizado que poñerán fin á tendencia que viña rexistrándose en Galicia nun mes inusualmente cálido.


Segundo o Centro Nacional de Furacáns este está a ser un ano de récord, xa que desde 1971 non se rexistraba tanta actividade de ciclogénesis no Atlántico como a que se está vendo nestes momentos. Con todo, e aínda que os efectos da borrasca serán moi notorios, os expertos inciden en que é moi complicado que a evolución da mesma acabe converténdoa nun furacán como os que si se esperan na costa atlántica de Estados Unidos.


A partir de venres espérase que as choivas se convertan nunha constante en Galicia con ata 100 l/m2. Choivas que, doutra banda, poden ser moi beneficiosas, especialmente se atendemos ao drama que se está vivindo na provincia de Ourense, tan castigada polos incendios.



Con todo, a comunidade galega non será a única afectada, xa que practicamente todo o norte peninsular verase influído pola borrasca.  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE