Confirman dous novos brotes na provincia de Ourense, con catro afectados no Carballiño por un caso importado
Dous novos brotes de afectados con COVID-19 foron detectados en municipios da provincia de Ourense nas últimas horas.
No Carballiño hai catro afectados, un deles un menor de idade de 16 anos, por mor dun caso importado.
Hai outros tres afectados en un municipio que aínda non transcendeu, pero si se sabe que hai tres mulleres de mediana idade afectadas, todas miembras da mesma familia e que permanecen illadas.
Dous novos brotes de afectados con COVID-19 foron detectados en municipios da provincia de Ourense nas últimas horas.
Segundo trasladaron fontes sanitarias, un deles trátase dun caso importado nun mesmo núcleo familiar, no Carballiño, no que deron positivo unha muller de 42 anos, dous mozos de 22 e 28 e outra de 16 anos de idade, todos eles residentes no municipio.
Os catro permanecen en illamento en con seguimento domiciliario, e estase aplicou o protocolo de estudo para analizar os seus contactos estreitos para realizar as probas diagnósticas correspondentes.
Doutra banda, detectouse un novo brote que non adscrito a unha área determinada, que afecta a unha muller de 48 anos e a outras dúas de 47 e 35 que son do mesmo núcleo familiar, todas en illamento domiciliario.
A área sanitaria da zona de Ourense, Verín e O Barco deu a coñecer este sábado os datos actualizados de epidemiología, conta con tres ingresos e 75 casos en seguimento domiciliario, nos que veñen incluídos os positivos destes brotes localizados.
Escribe o teu comentario