Caeiro Ribeira despediu a un traballador por presentarse pola CIG e agora debe readmitilo

O Xulgado do Social Nº4 de Santiago declarou nulo o despedimento dun traballador dun concesionario de Caeiro SA en Ribeira (A Coruña) en "represalia" por ser candidato da CIG nunhas eleccións sindicais, polo que obriga á súa readmisión.

|

A central nacionalista acusa o grupo de concesionarios de malas artes reiteradas para prexudicalos a eles e favorecer a UXT


O Xulgado do Social Nº4 de Santiago declarou nulo o despedimento dun traballador dun concesionario de Caeiro SA en Ribeira (A Coruña) en "represalia" por ser candidato da CIG nunhas eleccións sindicais, polo que obriga á súa readmisión.


Concesionario de Renault Caeiro en Ribeira nunha imaxe de Google Street View

Concesionario de Renault Caeiro en Ribeira nunha imaxe de Google Street View


Á RÚA O DÍA ANTES DAS ELECCIÓNS

Segundo figura no fallo, con data do 29 de xullo de 2020, a empresa terá tamén que abonarlle os salarios de tramitación e recoñecerlle a súa condición de delegado sindical. Contra esta sentenza cabe presentar recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Este traballador foi despedido o 19 de decembro de 2019 por unha "falta laboral", xusto un día despois de presentarse pola CIG ás eleccións sindicais a celebrar en xaneiro de 2020.


A CAUSA DO DESPEDIMENTO NON EXISTE

O xuíz declara probado que a empresa "indagou" a través dunha comunicación con outro empregado sobre o ocorrido na asemblea do 18 de decembro para a presentación de candidaturas. Ademais, conclúe que queda acreditado que "non existe causa que xustifique o despedimento do traballador".

Por tal motivo, a Sala falla que "o despedimento constitúe unha represalia da empresa ao traballador por ser candidato no proceso electoral e, posteriormente, saír electo como representante legal dos traballadores".


"Non é a primeira vez que a empresa recorre a presións ou represalias para impedir que saian elixidos os representantes da CIG, a favor de UXT"


SAÍU ELIXIDO NAS ELECCIÓNS

O persoal elixiu a este traballador como o seu representante nas eleccións sindicais do 21 de xaneiro. Este resultado foi impugnado pola empresa, pero un laudo arbitral confirmou o 30 de xaneiro a validez do proceso.

Pola súa banda, nun comunicado, a CIG denuncia que esta "non é a primeira vez que a empresa recorre a presións ou represalias para impedir que saian elixidos os representantes da CIG, a favor de UXT".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE