O ourensán Santalices (PPdeG) repite como presidente do Parlamento de Galicia

O cargo de Santalices é a única concesión de poder que Feijoo outorgou ao baltarismo a pasada lexislatura e decidiu mantela. Salvo gran sorpresa tamén haberá continuidade no liderado do grupo parlamentario conservador, onde Puy Fraga, uno os homes máis próximos a Feijóo, seguirá levando as rendas.


|

O cargo de Santalices é a única concesión de poder que Feijoo outorgou ao baltarismo a pasada lexislatura e decidiu mantela. Tampouco hai sorpresa no liderado do grupo parlamentario conservador, onde Puy Fraga, uno os homes máis próximos a Feijóo, seguirá levando as rendas, escoltado por Tellado.


O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, con Europa Press



O veterano político popular e deputado pola provincia de Ourense, Miguel Santalices, revalida a confianza do presidente do PPdeG e da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, e volverá presidir a Cámara na XI Lexislatura, acompañado de Diego Calvo e Corina Porro, deputados pola provincia A Coruña e Pontevedra, respectivamente.

Santalices, deputado autonómico desde a V Lexislatura, asumiu por primeira vez a Presidencia da Cámara en xaneiro de 2016 para relevar a Pilar Rojo, tras saír ela elixida como deputada do Congreso por Pontevedra nas eleccións xerais de decembro de 2015.

Así, Feijóo depositou, unha vez máis, a súa confianza no ourensán, e fíxoo tamén con Diego Calvo, que por primeira vez foi vicepresidente da Cámara na lexislatura pasada.


RECOMPENSA PARA CORINA PORRO


De novo haberá unha cara nova no órgano reitor da Cámara. A número dous por Pontevedra, Corina Porro, unha veterana dirixente popular que foi 'rescatada' polo presidente da Xunta, agora en funcións, para levar a delegación territorial da Administración autonómica en Vigo.

Os dous cargos restantes no órgano reitor da Cámara autonómica corresponden á oposición. Así, Montse Prado ocupará a vicepresidencia segunda en representación dos 19 escanos obtidos polo BNG e o PSdeG colocará, cos seus 14 deputados, a Mariña Ortega como vicesecretaria segunda.

En canto á dirección do grupo, Pedro Puy seguirá como portavoz e contará con tres viceportavoces: Miguel Tellado, secretario xeral do partido, xunto con Elena Candia e Paula Prado.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE