Miguel Tellado

O PPdeG carga contra Podemos por "insultar" a Amancio Ortega tras doar 280 millóns para sanidade
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, criticou os "insultos" de dirixentes de Podemos ao empresario Amancio Ortega pola doazón, a través da súa fundación, de 280 millóns de euros a Sanidade para a compra de dez equipos de protonterapia.
O PPdeG recoñece que faltan médicos de familia e pediatras en Atención Primaria porque "non hai médicos para contratar"
O grupo parlamentario do PPdeG admitiu este luns que hai un "evidente problema de persoal" na Atención Primaria de Galicia, que atribuíu á ausencia de médicos "no mercado" para contratar, á vez que reclamou ao Goberno central, encargado de "regular" a oferta deste emprego, que "autorice" máis OPE e a convocatoria de prazas de MIR.
O PP, arrepentido, pide "devolverlle a honra a Jácome" pero Vázquez nega contactos para retomar a coalición
Os socialistas critican aos populares por "ideólogos da maior campaña de esmagamento que viviu a cidade nunca"
O ourensán Santalices (PPdeG) repite como presidente do Parlamento de Galicia

O cargo de Santalices é a única concesión de poder que Feijoo outorgou ao baltarismo a pasada lexislatura e decidiu mantela. Salvo gran sorpresa tamén haberá continuidade no liderado do grupo parlamentario conservador, onde Puy Fraga, uno os homes máis próximos a Feijóo, seguirá levando as rendas.

​Miguel Tellado (PPdeG): "Non temos con quen pactar, 38 deputados é todo, 37 é nada"


Dentro da súa serie de entrevistas electorais, Galiciapress entrevista ao número 2 do PPdeG. Miguel Tellado chama aos seus compañeiros a non relaxarse ante as enquisas, aínda que tira delas para afirmar que Feijóo necesita a maioría absoluta porque nin Vox nin Cs entrarán no Parlamento. Os recentes rebrotes de coronavirus, o seu futuro político e o de Alcoa San Cibrao -para a que considera falaz o debate sobre a nacionalización- son outros puntos desta conversación co secretario xeral dos conservadores galegos.

"Non negociamos consellerías nun bar" vs. "Cidadáns non se vende por cadeiras de brazos", versións contraditorias do fracasado pacto entre PP e C's
Os dous partidos tiveron contactos a distintos niveis nas últimas semanas, incluída unha conversación entre Feijóo e Arrimadas
Baltar, Casado, Rajoy e Feijóo nun gran mitin do PPdeG para sacar peito polas súas maiorías
O presidente da Xunta e candidato do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feijóo, celebrará o undécimo aniversario da primeira das súas tres maiorías absolutas --que logrou o 1 de marzo de 2009-- nun acto no que estará o líder estatal do PP, Pablo Casado, e tamén Mariano Rajoy, de quen o secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, lembrou que é presidente de honra da formación en Galicia.
O PSOE denuncia que Turgalicia difundiu "mentiras" do PP en Twitter

 Utilizan as institucións públicas para a confrontación co goberno de España”, denunciou onte Caballero. Segundo pódese comprobar agora en Twitter, o post do número 3 do PPdeG  Miguel Tellado segue publicado, pero non así o retwitt de Turgalicia.

Abascal chama "sicario" ao 2 do PPdeG, quen pide "desculpas" por pedir roubar dos caixas de correos papeletas de Vox


A recta final da campaña electoral en Galicia acendeuse pola polémica intervención de Tellado nun mitin do PP. O secretario conservador pide desculpas tras tentar reducir todo a unha simple metáfora, pero insiste en que votar a Vox favorece ao PSOE. Abascal reacciona chamándolle "sicario de Feijóo", o seu partido pide que a Xustiza interveña e mesmo Cidadáns mete baza, como tamén fai o PSdeG.

O dous do PP galego anima a "meter a man na caixa de correos dos veciños" para tirar as papeletas de Vox (AUDIO)
Tellado xustifica que usou esta expresión como "recurso metafórico" en ton de "chiste" no medio dunha apelación para concentrar o voto no PP
Ao PP o ascenso do PSOE e a caída de En Marea parécenlle un prato concinado polo CIS
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que o barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) correspondente ao pasado mes de xuño "non reflicte a realidade electoral" senón "o desexo" do presidente do Goberno, o socialista Pedro Sánchez.
Rafael Domínguez asume o mando do PP de Pontevedra rodeado de altos cargos do partido
Médico e concelleiro, relevará a Moreira nun congreso ao que prevén acudir Ana Pastor, Feijóo e Rueda
O PPdeG alerta que Sánchez incumpre as súas promesas de rexeneración democrática
O secretario xeral do PP galego, Miguel Tellado, afeou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a súa primeira semana e acusoulle de "mentir" acerca dos seus compromisos coa rexeneración democrática.
O PPdeG ponlle 10 "deberes" ao presidente Sánchez para a súa reunión con Feijóo


Pedro Sánchez manterá un encontro con Alberto Nuñez Feijóo nos próximos meses tras falar onte por teléfono. O partido que goberna Galicia lanza ao novo presidente do Goberno unha lista de reivindicacións para o país. A primeira elas, a reforma do financiamento autonómico, para o que Feijóo xa logrou un pacto cunha autonomía gobernada polos conservadores -Castela e León- pero tamén con dúas socialistas (Asturias e Aragón).

O PP galego cre que ninguén pode dubidar que Rajoy é honrado e a oposición pide a súa cabeza

O paso adiante de Pedro Sánchez presentando unha moción de censura marca tamén a vida política galega. O PSdeG, loxicamente, pide a marcha de Rajoy, como tamén fai Martiño Noriega -un dos alcaldes das mareas- e o BNG -que lembra os orixes galegas da Gürtel. No PP galego, pola súa banda, hai certa ambibalencia. Por unha banda defenden ao seu líder pero por outro admiten que o partido debe pedir desculpas. 

"Este fin de semana rompe En Marea", prognostica o PPdeG

O portavoz da confluencia deulle unha semana a Paula Quinteiro, a deputada implicada en barullo coa Policía, para dimitir. Os conservadores tómanlle a palabra a Luís Villares e prognostican que se marchará Quinteiro do grupo parlamentario acompañada doutros anticapitalistas, ou quen dimitirá será o propio Villares. Mentres, desde ANOVA pídese tranquilidade ante unha situación interna moi tensa.

​Tellado di que Feijóo viaxa para "atraer investimentos" e non a "beber mojitos" coma o bipartito

O secretario xeral do PPdeG defende a viaxe a Israel, ante as críticas da oposición. "Seguen avergoñados e pensan que nós actuamos coma eles", afirma.

​O PPdeG anuncia cambios nas listas para as principais alcaldías

Miguel Tellado espera superar en 2019 o castigo recibido nas pasadas municipais.

​Miguel Tellado: "Os populismos de dereitas chámanse Ciudadanos"

O dirixente do PPdeG acusa ao partido laranxa de querer "ser o PP" e de carecer de "proxecto para Galicia".

O Obradoiro e María pita acollen réplicas da marcha pola unidade de Barcelona

En Santiago, Miguel Tellado defendeu que "as comunidades autónomas teñen unhas cotas de autogoberno altísimas que estados federais non teñen".


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE