53 novos contaxios nun só un día en Galicia con agravamento en Pontevedra e aparente melloría na Coruña


A Xunta informa que este xoves rexistra 412 casos activos. O que sería un dato non moi malo, só 15 casos de onte, de non ser porque está nesgado polas moitas curacións. Debido a que onte o SERGAS deu 38 altas, pódese deducir que o montante total de contagios foi de 53. 


|

A Xunta informa que este xoves rexistra 412 casos activos. O que sería un dato non moi malo, só 15 casos de onte, de non ser porque está nesgado polas moitas curacións. Debido a que onte o SERGAS deu 38 altas, pódese deducir que o montante total de contagios foi de 53. 


Deducir porque Sanidade segue sen informar da cantidade de novos positivos, a pesar do seu evidente interese para a opinión pública, e só comunica cifras de casos activos e total de  curacións a nivel Galicia.


Dos 412 casos activos, 156 corresponden á área da Coruña e Cee --cinco menos que este mércores--; 73 á de Lugo --uno menos--; 75 á de Vigo --uno máis--, 41 á de Pontevedra e O Salnés --seis máis--; 32 á de Ourense --tres máis--; 30 á de Santiago --dúas máis-- e cinco á de Ferrol --sen cambios--.


Por tanto, por áreas sanitarias, hai unha moi boa noticia. Por vez primeira desde o rebrote de Arteixo, caen o número de casos activos na Coruña. Agora ben, como o SERGAS non informa dos contagios diarios na área,  aínda non se sabe se isto débese a un incremento das altas ou a unha moderación dos contagios ou ás dúas cousas. Hai que esperar que o SERGAS envíe datos específicos do brote, que si adoitan incluír a cifra de novos positivos.




En todo caso, a área de A Coruña perde cinco casos activos.  Non se producía un descenso dos casos activos alí desde o 27 de xullo.


No resto de áreas as cifras non son tan boas, pero tampouco especialmente preocupantes. Cunha excepción, Pontevedra.


A súa área suma seis casos activos nun día, sendo a que mais crece hoxe en Galicia. Pontevedra ten 41 casos activos hoxe, cando chegou a ter só 2 a principios de xullo. Todo un recordatorio da capacidade do coronavirus para gañar terreo de maneira desapercibida, pois que se saiba non se declarou na área ningún brote. É dicir, a Xunta non logrou establecer a conexión entre 3 ou máis casos.


Ourense queda en 32 casos, tres máis que onte, probablemente as tres mulleres maiores contaxiadas por unha persoa que viaxou desde México ao municipio de Avión.


Vigo só ten un caso activo máis, grazas en parte a que os brotes en familias procedentes de Madrid parecen delimitados.


Santiago, pola súa banda, segue arrastrando un aumento continúo de casos, aínda que moi moderado e sen noticias de novos focos. Hoxe chega a 30 casos activos máis, polo menos dous positivos máis que onte.


Crecemento lento pero constante tamén en Ferrol, con cinco casos activos, os mesmos que onte; pero hai que lembrar que o 28 de xullo non tiña ningún.


Á espera de información detallada do brote da Mariña, a situación en Lugo segue estable. Tras caer en 1, o cómputo queda en 73, cando no epico do rebrote mariñán chegou a haber 280 casos activos na área sanitaria. O brote na costa mellorou tanto que a Xunta acaba de permitir que reabran os bares nocturnos na comarca, as últimas restricións vixentes.  Mentres na Mariña a situación mellora,  onte non houbo ningún positivo, no conxunto de Lugo seguen aparecendo casos, o que provoca que a gráfica do total provincial tenda a ser plana desde finais de xullo.




A nivel Galicia, hoxe hai só uns 1,5% casos activos máis que onte. Así as cousas a media móbil a sete días, que nos permite estimar mellor o ritmo da pandemia, baixa un pouco, ata un incremento diario do 6,9%, o que equivale a uns 22 casos activos novos ao día.


O número de PCR realizadas ata a data na Comunidade galega ascende a 258.978 fronte ás 257.156 rexistradas ata este mércores, apuntou Sanidade. É dicir, realizáronse 1.822 probas onte cunha taxa de positividade do 2,9% .


17 pacientes permanecen en unidades de hospitalización convencional --un menos que este mércores-- e dous na UCI --sen cambios--, mentres que 393 atópanse en seguimento domiciliario --sete máis respecto a a xornada pasada--.  



Uq1eR coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia nbsp  (4)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE