​O Sindicato Labrego Galego pide á Xunta que interveña nas comisións abusivas que aplica ABANCA aos seus clientes

Desde o organismo sindical advirten que esas taxas repercuten sensiblemente sobre a poboación rural e pide que sexan devoltas. 


|

Desde o organismo sindical advirten que esas taxas repercuten sensiblemente sobre a poboación rural e pide que sexan devoltas.


As comisións mantemento cobradas pola entidade bancaria subiron, sen notificación previa, a 50 euros semestrais durante o confinamento. Isto significa que o mantemento da conta supón un gasto de 100 euros por cliente.


Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca

Escotet, presidente de ABANCA


“Este incremento é desproporcionado, pois non responde a máis servizo que manter unha conta aberta”, subliñan desde o Sindicato Labrego Galego, que ademais tacha de “inxustificable” a medida, teniendo en cuenta os beneficios rexistrados por ABANCA no exercicio de 2019: 405 millóns de euros.


Non lle van nada mal para facer estas cobranzas”, ironiza o sindicato. Nesa liña, a organización agraria pon a lupa sobre as consecuencias que isto ten sobre o rural “debido á ampla presenza no noso territorio das sucursais das antigas caixas galegas”. Cifra no medio milleiro de oficinas de ABANCA “presentes en 274 concellos”, ademais de ser a única entidade financeira con sucursal en 121 desas localidades.


FAMILIAS SEN OPCIÓNS

ABANCA está a aproveitarse da súa presenza privilexiada na Galicia, pois sabe que as familias destes 121 concellos rurais afectadas polas comisións abusivas non se marcharán porque non poden elixir outra alternativa”, lamenta o sindicato.



“Máis aló da súa faceta como negocio, consideramos que as finanzas tamén son un servizo necesario que, máis aló da súa rendibilidade, debe ser accesible a toda a poboación, incluídas as persoas que vivimos no rural”, reclaman, á vez que instan o Goberno de Galicia a intervir para “esixir que ABANCA devolva unhas comisións que, aínda que legais, son abusivas de xeito evidente”.


Esta denuncia engarza á súa vez con a reclamación que fixo o BNG hai uns días, onde o cabeza de lista polos nacionalistas en Pontevedra, Luís Bará, manifestou a desconformidade da forza política por estas prácticas, que reportaron tan cuantiosos beneficios a ABANCA "a base de sablazos". 


“Resulta intolerable que unha entidade bancaria que sobreviviu grazas a fortes inxeccións de diñeiro público -30.000 millóns de euros segundo algunhas fontes- e que foi adquirida a un prezo de saldo de 1.003 millóns, aproveite agora a súa posición de monopolio en 121 concellos rurais para abusar da súa clientela sen que a Xunta mova un dedo ou pronuncie unha soa palabra para evitalo”, conclúe o sindicato.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE