Traballadores de Siemens Gamesa sospeitan unha deslocalización da planta das Somozas a Portugal

Aseguran que só ten garantida carga de traballo ata finais de ano e que a multinacional non está a facer investimentos

|

Desde o persoal da empresa denuncian a falta de investimentos na planta e o medo existente por non contar con suficiente carga de traballo de aquí a final de ano. 


A compra dun fábrica en Portugal alimenta aínda máis os temores do persoal, que vive desde novembro co temor a cambios estruturais despois do anuncio da marca de acometer máis dun centenar de despedimentos en toda España. 

A planta que a multinacional Siemens Gamesa ten nas Somozas (A Coruña) .

O comité de empresa da planta que a multinacional Siemens Gamesa ten en As Somozas (A Coruña), na comarca de Ferrolterra, manifestou o seu "medo a unha posible deslocalización", despois de que a empresa comprase unha fábrica en Portugal na que "están a facer grandes investimentos e a posta de moldes", onde se elaboran as pas para aeroxeradores.


No seu día, sinalaron os traballadores, apuntábase que tal actividade sería para as instalacións galegas, pero nas Somozas non contan con equipos como os que se están instalando na planta portuguesa de Ria Blades, en Vagos, cuxa adquisición se pechou en abril deste ano.

Nun documento presentado ao grupo de goberno e á oposición do Concello das Somozas, o comité avisa de que só hai ocupación para o que resta de 2020, polo que reclama o "compromiso por parte da empresa de carga de traballo para o ano 2021".

Os traballadores piden tamén investimentos, tanto en infraestruturas como en novos moldes que fagan que a fábrica "sexa máis competitiva e teña viabilidade a máis longo prazo". As instalacións galegas levan "anos" sen investimentos e os seus produtos "están a quedarse obsoletos".

Reclaman a creación de maneira "inmediata" dunha mesa de traballo na que piden que senten representantes das administracións públicas, de Siemens Gamesa e do comité de empresa para abordar o futuro da planta, que dá traballo a unhas 300 persoas.


APOIO DO PLENO

Os grupos municipais deron o seu apoio unánime a estas demandas nun pleno. Alternativa por Somozas lembrou, a través dun comunicado, que xa no mes de novembro alertaron do perigo que podía supoñer para esta planta a compra das instalacións de Portugal e instaron o alcalde, do PP, a reunirse coa dirección, pero non houbo "resposta de ningunha clase".

"Sempre se nos dixo que a planta das Somozas era a máis rendible, por calidade, cantidade e capacidade humana", reivindicou a formación, que considerou que o esforzo do Concello e da poboación nos comezos da planta foi "enorme" e a multinacional "ten unha débeda" co pobo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE