Confírmase o repunte de novos casos de coronavirus en Galicia, alimentado polas máscaras defectuosas

De feito, o presidente da Xunta dixo onte que nas UCIs do SERGAS os pacientes con outras patoloxías xa son máis que os enfermos de coronavirus. Antes de cantar vitoria nesta fronte, haberá que esperar, iso si, a ver o impacto do repunte nas UCIs.


|

Os 166  positivos comunicados hoxe confirman que Galicia sofre un preocupante repunte de novos casos. A finais da pasada semana, a cifra descendeu ata 71 novos positivos é sábado, pero xa levamos varias xornadas na que remontou a un rango de 101-169. 


Este lixeiro repunte explícase, polo menos en parte, polos máis de cen sanitarios do SERGAS contaxiados tras usar máscaras defectuosas. De non ser por este custoso erro, Galicia probablemente continuaría freando o COVID-19, como levaba facendo as pasadas semanas.






A nivel de UCIs, as noticias son boas. Por vez primeira en tres semanas, hai menos de 100 pacientes críticos no SERGAS.


O descenso segue sendo moi paulatino, pero constante, sen interrupcións. De feito, o presidente da Xunta dixo onte que nas UCIs do SERGAS os pacientes con outras patoloxías xa son máis que os enfermos de coronavirus. 


Antes de cantar vitoria na fronte das UCIS, haberá que esperar a ver o impacto do repunte de positivos nas UCIs. Algo que non se notará probablemente ata dentro de varias semanas. 






Como de grave é este rebrote? A gráfica de variación relativa permítenos avaliar a súa magnitude. O cambio de tendencia é evidente. Agora ben, a súa magnitude por agora é relativa. Está a supoñer un aumento do 2% diario de casos aproximadamente, porcentaxe propia de hai unha semana e non o esperable estes días. Galicia xa lograra reducir a súa taxa ao 0,8%, antes de que saltase o escándalo das máscaras. 





Afortunadamente, el rebrote non é por agora dunha magnitude tal que, en principio, poña en perigo de colapso as 274 camas de críticos que o SERGAS di ter.


O repunte apréciase perfectamente xa na gráfica de casos acumulados. Agora ben, a súa virulencia é bastante menor da sufrida a finais de marzo e principios de abril, onde era habitual sumar 400 novos contaxiados ao día.





A nivel de España, xa hai máis de 208.000 positivos confirmados. Deles, case 60.000 son de Madrid.


Os falecementos en hospitais levan máis dunha semana estabilizados nun rando de 13-6 ao día, con 8 rexistrados onte. Son falecementos en hospitais porque os datos oficiais seguen sen contar os mortos en residencias, a pesar de que cada día supoñen unha porcentaxe maior.





Ao estar descafeinada a cifra de mortos en Galicia, tamén o está en España. O que non quere dicir que as series estatísticas sexan inútiles, pois este erro arrástrase desde o principio da crise.


A gráfica de decesos en España está estabilizada ao redor dos 430 falecidos diarios desde fai catro xornadas. Un drama, pero tamén un chanzo menos que a semana pasada.




Tamén o número de positivos diarios en España leva días estancado  sobre os 4.200, sen baixar. O que sería unha mala noticia de non ser porque agora, en teoría, fanse moito máis test que nas pasadas semanas.  






En todo caso, porcentaxe de casos curados cada vez é maior. Pronto, se non hai ningunha sorpresa, debería ser superior á porcentaxe de casos aínda activos.




A nivel internacional, o ritmo de decesos de todos os países palidece á beira do de Estados Unidos. Alí morreron máis de 2.700 persoas nas últimas 24 horas. E non ten pinta de baixar nas próximas semanas, visto que o número de contagios segue subindo, máis de 39.000 nas últimas 24 horas.



Made with Flourish




RObbg evoluci n de positivos de coronavirus en galicia (3)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE