Ourense xa ten case tantos positivos como A Coruña e Vigo

Por áreas sanitarias, estes pacientes están distribuídos na área de Vigo (1.075), área da Coruña (1.058), área de Ourense (921), área de Santiago (816), área de Lugo (555), área de Pontevedra (444) e área de Ferrol (306).

|

Por áreas sanitarias, estes pacientes están distribuídos na área de Vigo (1.075), área da Coruña (1.058), área de Ourense (921), área de Santiago (816), área de Lugo (555), área de Pontevedra (444) e área de Ferrol (306).



Os casos positivos por coronavirus en Galicia chega aos 5.175, un aumento de 249 persoas nun día, o que supón que o crecemento foi menor ao rexistrado o sábado, de 291 casos.



Desta maneira, as cifras galegas que ofrece o Servizo Galego de Saúde (Sergas) concorda ás do resto da Península, onde tamén diminuíron o número de casos que se detectaron dun día para outro.


Por outra banda, a boa noticia destes datos son o incremento en número de altas que chega xa aos 587 (+74) e a caída de pacientes que están a ser tratados na Unidade de Coidados Intensivos, que se reduce a 169 persoas (-8).

Do total de positivos, 169 permanecen nas Unidade de Coidados Intensivos, 893 están hospitalizados (+2) e 4.113 atópanse baixo atención domiciliaria (+1.255).

FALECIDOS
Aumentou o número de persoas falecidas, tanto en hospitais como en residencias de maiores. Segundo o Sergas, ata a datan morreron 182 persoas dentro das instalacións hospitalarias. Ademais, as residencias rexistraron 34 falecementos.

En canto ao número de PCR realizadas, esta cifra elévase ao 28.191 test; o que significa que nas últimas 24 horas leváronse a cabo 2.349 probas máis.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE